Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OB
1
1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Coordinador/a
Bandera Vera, Antonio María
Correo-e
nonobandera@gmail.com
Profesorado
Bandera Vera, Antonio María
Chavete Rodríguez, José
Web
Descrición xeral
A materia de Ilustración de Moda céntrase na representación da figura vestida atendendo fundamentalmente á Forma, Volume, Estrutura, Proporción, Escala, Ritmo e Anatomía, a fin de poder facer fronte aos desafíos de representación gráfica que cada alumno deberá afrontar no exercicio da profesión.
Durante o Cuadrimestre o alumno aprenderá ademais, mediante o estudo da figura vestida a resolver con eficacia a representación das distintas texturas, tecidos, pliegues e detalles da vestimenta. Tamén se insistirá na captación do movemento e na aprendizaxe básica do emprego da cor, para o que a materia coordínase coas materias de PROXECTOS DE DESEÑO DE MODA I e II, e DESEÑO E CONTORNA DIXITAL.