Arte e contemporaneidade é unha materia transversal pertencente ao módulo dos contextos artísticos e dedicada a afrontar os aspectos máis circunstanciais e de época da arte, tanto pola súa significación social como cultural. Esta materia complementa os coñecementos adquiridos secuencialmente en cursos anteriores, máis especificamente nas materias de: Antropoloxía da arte; Historia da arte; Psicoloxía da arte; Arte e modernidade. Esta materia pretende que o alumno coñeza e analice aquelas prácticas artísticas que se desenvolven na actualidade e que as relacione con aqueles conceptos establecidos na idea de contemporaneidade. Esta materia terá continuidade en cuarto curso e máis especificamente nas materias: Traballo de fin de grao; Proxectos artísticos; Artes afíns; Xestión, ámbito artístico e mundo profesional.