Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Electrónica e automática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral En relación á primeira parte da materia (temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía), ao finalizar as clases correspondentes a ditos temas farase un exame no que se exporán diversas cuestións e problemas. Este exame representa un 45% da nota final da materia. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado "Outros comentarios e avaliación de Xullo". Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 e RA4


En relación á segunda parte da materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía), farase unha proba de resposta curta sobre as contidos/competencias/resultados de aprendizaxe dos GRUPOS GRANDES/AULA. Esta proba é obrigatoria e representa un 22.5% da nota final desta materia. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado "Outros comentarios e avaliación de Xullo". Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7.

67.5 B1
C17
C18
D1
D3
D6
D8
Prácticas de laboratorio En relación á primeira parte da materia (temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía) farase unha serie de prácticas. Se se resolven correctamente todas as prácticas propostas entón a este apartado asignaráselle unha cualificación de APTO. En caso contrario asignaráselle unha cualificación de NON APTO. A cualificación de APTO neste apartado é un requisito indispensable para poder aprobar a parte da materia relativa aos temas 1 a 4 na convocatoria de Maio (ver detalles no apartado de "Outros comentarios e avaliación de Xullo"). Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 e RA4

En relación á segunda parte desta materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía) farase 1 proba sobre as contidos/competencias/resultados de aprendizaxe das clases de GRUPOS REDUCIDOS/LABORATORIO. Esta proba corresponde a un 22.5% da nota final desta materia. Esta proba é obrigatoria. A cualificación deste exame así como a súa influencia na nota final detállase no apartado "Outros comentarios e avaliación de Xullo". Resultados avaliados da aprendizaxe: RA5, RA6 e RA7

22.5 B1
B4
C17
C18
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma En relación aos temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta guía propoñeranse unha serie de exercicios como actividades non presenciais. Se se entregan todos os exercicios correctamente resoltos, dentro do prazo fixado, a este apartado asignaráselle unha cualificación de APTO. En caso contrario asignaráselle unha cualificación de NON APTO. A cualificación de APTO neste apartado é un requisito indispensable para poder aprobar a parte da materia relativa aos temas 1 a 4 na convocatoria de Maio (ver detalles no apartado de "Outros comentarios e avaliación de Xullo"). Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 e RA4

En relación á segunda parte desta materia (temas 5 a 9 indicados no apartado Contidos desta guía) a realización de problemas e/ou exercicios se valorará cun máximo de 0.5 puntos na nota final.
5 B1
C17
C18
D1
D3
D4
D5
D6
D8
Outros Se valorará a asistencia e a participación activa nas clases de teoría e nas clases prácticas. 5 C17
C18
D1
D3
D5
D6
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Esta materia consta
de dous partes. Na primeira parte (temas 1 a 4) ven conceptos básicos de Electrónica
e na segunda parte (temas 5 a 9) ven conceptos sobre
Regulación Automática. O peso de cada parte na nota final é dun 50%.
Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima de 2
puntos en cada unha das partes. A nota final na acta determinarase
sumando as notas obtidas en ambas as partes. No caso de obter unha nota inferior
a 2 puntos nalgunha das partes, a nota final que figurará na acta será
a suma de ambas as notas limitándoa a un máximo de 4 puntos. 
 
PARTE I da
materia
:
 
Criterios de avaliación
para asistentes, relativo aos temas 1 a 4, correspondentes á
primeira convocatoria
:

As competencias
adquiridas polos alumnos asistentes na primeira convocatoria, relativas aos
temas 1 a 4, avalíanse mediante:


  • A
    realización dunha serie de prácticas no laboratorio. A cualificación
    final das mesmas será de APTO no caso de que se fagan correctamente todas as prácticas e será de NON APTO no caso de que non
    sexa así.

  • A
    resolución dunha serie de exercicios e/ou problemas propostos como
    actividades non presenciais. A cualificación final dos mesmos será de 0,25
    puntos, no caso de que se entreguen correctamente resoltos todos
    os exercicios propostos, dentro dos prazos fixados. No caso de que
    non sexa así, a nota correspondente a este apartado será de 0 puntos.

  • A
    realización dun exame escrito, o cal se valorará sobre 4.5 puntos. A
    duración de dito exame será de 2.5 horas.

  • A
    asistencia e a participación activa nas clases valórase cun máximo
    de 0,25 puntos na nota final.



Proceso de cualificación:
a nota final correspondente a esta parte da materia determínase
como a suma da nota obtida no exame, a nota obtida pola
realización dos exercicios e/ou problemas propostos e a nota obtida pola
participación nas clases. No caso de que non se obteña unha
cualificación de APTO na realización das prácticas ou non se entreguen correctamente resoltos todos os exercicios e/ou problemas propostos ou non se obteña
unha nota mínima de 2,25 puntos no exame, a nota final desta
parte da materia limitarase a 1,5 puntos.

Nota: Se unha persoa
entrega un exercicio ou fai unha práctica considérase que segue a
materia de forma presencial e, por tanto, aplicaráselle o procedemento
de avaliación para asistentes.
 
Criterios de avaliación
para non asistentes, relativo aos temas 1 a 4, correspondente á
primeira convocatoria
:

As competencias
adquiridas polos alumnos non asistentes na primeira convocatoria avalíanse
mediante dúas probas:
 
Proba 1 (exame escrito): propoñeranse diversas cuestións e
problemas relativos aos temas 1 a 4 indicados no apartado Contidos desta
materia. O exame farase o mesmo día, á mesma hora e no
mesmo lugar que o correspondente exame indicado anteriormente para as persoas
asistentes. Dito exame se valorará sobre 5 puntos, sendo necesario obter
unha nota mínima de 2,5 puntos para aprobar esta proba. A duración do exame será de 2,5 horas.
 
Proba 2 (exame no laboratorio): farase unha proba no
laboratorio consistente no deseño, montaxe e/ou simulación de diversos
circuítos. Dita proba farase o mesmo día que se faga o exame de teoría.
A cualificación de dita proba será de APTO ou de NON APTO. Nota: é
responsabilidade das persoas non asistentes aprender a manexar o hardware e
o software que se utiliza nas prácticas relativas aos temas 1 a 4 desta
materia con antelación ao día que se faga esta proba. A duración do exame será de 2 horas.
 
 Proceso de cualificación:
no caso de que no exame escrito se obteña unha nota mínima de 2,5 puntos
e de que na proba no laboratorio se obteña unha cualificación de APTO, a
nota correspondente aos temas 1 a 4 nesta primeira convocatoria será a que
se obteña no exame. No caso de que non se cumpra algunha das
condicións anteriores a nota será a que se obteña no exame limitándoa
a un valor máximo de 1,5 puntos.
 
Criterios de avaliación
para asistentes e non asistentes, relativo aos temas 1 a 4, correspondente
á segunda convocatoria
:

No caso de non aprobar
a primeira parte da materia na convocatoria de maio, se dispón dunha
segunda oportunidade na convocatoria de Xullo. O sistema de avaliación en dita convocatoria, correspondente aos temas 1 a 4, consistirá na
realización dun exame escrito no que se exporán diversas cuestións e
problemas. O exame puntuarase sobre 5 puntos, sendo necesario obter unha
nota mínima de 2,5 puntos para aprobar esta parte da materia. A duración
do exame será de 2 horas.
 
Criterios de avaliación
para asistentes e non asistentes, relativo aos temas 1 a 4,
correspondente á convocatoria de fin de carreira
:

 En relación aos temas 1 a 4 desta
materia, o sistema de avaliación correspondente á convocatoria de fin
de carreira será o mesmo que o descrito anteriormente para a segunda
convocatoria.
 
PARTE II da
materia
:

Criterios de avaliación
para asistentes, relativo aos temas 5 a 9, correspondentes á
primeira convocatoria:



Esta parte da
materia avaliarase por medio de:


  • A
    realización dunha proba de resposta curta relativa aos temas 5 a 9
    indicados no apartado Contidos desta materia. Esta proba valórase
    sobre 2,25 puntos, é obrigatoria e para aprobala é necesario
    obter unha nota mínima de 0.9 puntos. A duración desta proba será de 1
    hora.

  • A
    realización dunha proba práctica relativa ás clases de grupo
    reducido/laboratorio desta parte da materia. Esta proba valórase
    sobre 2,25 puntos, é obrigatoria e para aprobala é necesario obter unha
    nota mínima de 0.9 puntos. A duración desta proba será de 1 hora.

  • A
    resolución dunha serie de exercicios e/ou problemas propostos como
    actividades non presenciais, os cales se valorarán sobre 0,25 puntos.

  • A
    asistencia e a participación activa nas clases valórase cun máximo
    de 0,25 puntos na nota final.



Proceso de cualificación: a nota
final correspondente a esta parte da materia determinarase como a suma
da nota obtida na proba de resposta curta, a nota obtida na
proba práctica, a nota obtida pola resolución dos exercicios
propostos como actividades non presenciais e a nota obtida pola
participación nas clases. No caso de non superar algunha das dúas probas
(nota inferior a 0.9 puntos), a cualificación limitarase a un máximo de 2.45
puntos.

Criterios de avaliación
para non asistentes, relativo aos temas 5 a 9, correspondentes á
segunda convocatoria
:

O sistema de avaliación
correspondente á segunda convocatoria será o mesmo que o
descrito anteriormente para a primeira convocatoria.

 
Criterios de avaliación
para asistentes e non asistentes, relativo aos temas 5 a 9,
correspondente á segunda convocatoria
:

O sistema de avaliación
correspondente á segunda convocatoria (Xullo), tanto para asistentes
como para non asistentes será o mesmo que o descrito anteriormente para asistentes,
correspondente á primeira convocatoria.
 
Criterios de avaliación
para asistentes e non asistentes, relativo aos temas 5 a 9,
correspondente á convocatoria de fin de carreira
:

O sistema de avaliación correspondente á
convocatoria de fin de carreira, tanto para asistentes como para non asistentes,
será o mesmo que o descrito anteriormente para os asistentes,
correspondente á primeira convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000