Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba (en cada un dos traballos e no exame de tipo test) para poder compensala e superar a materia. Considerarase que todo alumno que realice polo menos un dos dous traballos programados ou a proba de tipo test optou pola avaliación continua, non podendo renunciar á mesma. En caso de non seguir a avaliación continua (non realización de ningún dos dous traballos nin a proba de tipo test), o alumno ten a opción de presentarse ao exame oficial, de carácter presencial, a celebrar ao final do cuadrimestre na data establecida pola Coordinación do Máster. Devandito exame suporá o 100% da cualificación. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións: - Realizar un exame na data oficial establecida pola Coordinación do Máster para os exames correspondentes a esta segunda oportunidade (mes de xullo), que suporá o 100% da cualificación. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia. - Conservar a nota obtida en cada un dos Traballos e proxectos (40% cada unha) ou nas Probas de tipo test (20%), sempre que sexa superior a 3.5 (sobre 10) e realizar, unicamente, as probas nas que non alcanzaron a nota mínima de 3.5 (sobre 10). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en calquera das probas para poder compensala e superar a materia. No caso de que as notas dos dous traballos e do exame tipo test na primeira oportunidade sexan superiores ao mínimo de 3.5 pero a nota global en dita primeira oportunidade non alcanzase os 5 puntos, o alumno deberá realizar o exame de tipo test (20%) na data oficial establecida pola Coordinación do Máster para os exames correspondentes a esta segunda oportunidade. Será suficiente alcanzar un mínimo de 5 (sobre 10) nesta proba para superar a materia (en tal caso, se a puntuación total é inferior a 5, a cualificación en actas será 5). Se en calquera
das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar
o mínimo nalgunha proba, pero a puntuación total é superior a 5
(sobre 10), a cualificación en actas será 4.5. |