Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba (en cada unha das Presentacións e na Proba de tipo test) para poder compensala e superar a materia. Considerarase
que todo alumno que realice polo menos
unha das presentacións programadas optou pola avaliación
continua, non podendo renunciar á mesma. O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións: - Realizar un exame, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia. - Conservar a nota obtida nas Presentacións/exposicións (50%), sempre que sexa superior a 3.5 (sobre 10) en cada unha delas, e realizar unicamente a Proba de tipo test (50%). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia. Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, pero a puntuación total é superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.5. A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |