Primeira convocatoria (xaneiro) Alternativa a) Avaliación continua segundo os criterios de avaliación arriba expostos. Para superar a avaliación continua é obrigatorio obter como mínimo un 5 sobre 10 nas actividades avaliativas B, C e D. Para os estudantes que sigan a avaliación continua e non teñan superado unha das actividades B ou C poderán recuperar a actividade suspendida na data oficial de xaneiro establecida para a proba global de avaliación da materia (D). Enténdese que os estudantes que teñen algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación (B, C ou D) seguen a avaliación continua. En caso de que a cualificación da avaliación continua sexa igual ou
superior a 5, pero algunha das actividades B, C ou D estea suspensa, a cualificación
final máxima poderá ser de ata 4.9 (SUSPENSO). Alternativa b) So para os estudantes que non teñan seguido a avaliación continua. Exame global dos contidos da materia. A cualificación do exame será o 100% da nota final. Segunda convocatoria (xullo): Alternativa a) Exame global dos contidos da materia no mes de xullo. A cualificación do exame será o 100% da nota. Alternativa b) Só para estudantes que teñan seguido a avaliación continua e non teñan superado UNHA das actividades avaliativas B, C, D poderá recuperar a actividade suspendida nesta segunda convocatoria na data oficial de xullo establecida para a proba de avaliación da materia. Esta Guía docente anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co alumnado na materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, podénse requirir reaxustes ó longo do curso académico promovidos pola dinámica da clase e/ou do grupo de destinatarios real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Achegaráselle ó alumnado a información e as pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo. Observación: Calquera evidencia de traballos e probas plaxiados ou copiados suporá unha cualificación de suspenso nas dúas convocatorias. IMPORTANTE: As datas e horarios das
probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas
no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o
curso
2017-2018. Non obstante, o calendario poderá ser modificado ao longo do
curso por algún imprevisto. Consulten a páxina web da facultade por se
hai cambios no mesmo. Ante conflictos nas datas publicadas nos diversos medios, prevalecerá a existente na páxina web da facultade. |