Haberá dúas instancias de avaliación: a asistencia e participación nos seminarios-traballos da aula e o exame final. A primeira parte correspóndese co 40% da avaliación total da materia e o 60% restante co exame final. O exame final constará de 20 preguntas tipo test a través das cales o alumno porá de manifesto os coñecementos adquiridos ao longo do curso. Segunda convocatoria: se reserva a nota da avaliación continua e realizarase un exame tipo test. Constará de dous partes, unha teórica e outra práctica. É imprescindible superar cada unha delas para aprobar a materia. Alumnos que non seguen avaliación continua: Exame final de toda a materia que representa o 100% da nota. O exame constará de dous partes: unha parte teórica e outra práctica. Esta guía é orientativa e esta suxeita a modificacións se ao longo do curso estímanse necesarias. As datas e horarios das probas de avaliación
das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o
curso 2017-2018. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos
exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |