Guia docente 2017_18
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Técnicas operativas estatísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Consiste na realización, coa axuda do paquete estatístico R, de problemas sobre os contidos da materia 50 B1
B2
B13
B14
C9
C10
C12
C16
Lección maxistral Consiste na realización de preguntas curtas ou test sobre os contidos teóricos da materia 50 B1
B2
B14
C7
C10
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Parte práctica: Realizaránse probas co ordenador en horario de prácticas. Se as notas individuais de cada proba chegan ao 3 (sobre 10) entón a nota promedio déstas é a nota da parte de prácticas. En caso contrario a nota da parte de prácticas será o mínimo entre 4 e a nota promedio das probas.

Parte teórica: Poderá constar dunha única proba tipo test/preguntas curtas ao finalizar o curso ou na entrega de varios traballos, cando o indique o profesor, onde se apliquen as técnicas estatísticas vistas ata o momento.  Para calcular a nota da parte de teoría no caso da entrega dos traballos terase en conta que:

    • Se as notas individuais de cada traballo chegan ao 3 (sobre 10) entón a nota promedio déstos  é a nota da parte de teoría.
    • En caso contrario a nota será o mínimo entre 4 e a nota promedio dos traballos.

Para supera-la materia o alumno ten que acadar como mínimo un 4 na parte teórica (sobre 10) e un 5 na suma ponderada das dúas notas. 

AVALIACIÓN NON CONTINUA

Haberá un sistema de avaliación alternativo para os alumnos que opten á avaliación non continua consistente nunha única proba onde se avaliará os contidos expostos ao longo do curso. Consistirá na resolución de problemas teórico/prácticos contando coa axuda do software estatístico R.

CONVOCATORIA DE XULLO

O sistema de avaliación da convocatoria de Xullo para todos os alumnos será o de avaliación non continua.

Aquel estudante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ... ) nalgunha das actividades de avaliación será avaliado polo método de avaliación NON continua.

As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso 2017-18. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán os indicados na web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000