Traballos e proxectos |
Será preciso entregar un traballo ou proxecto para avalia-los coñecementos adquiridos durante o curso. Para poder optar a esta valoración será necesaria a asistencia ás clases dos grupos prácticos. Será preciso acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 para facer media coa parte teórica.
|
10 |
|
B1 B2 B5 B8 B9 B10 B11 B13 B14
|
C11 C12 C13
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
A avaliación continua considérase cando o/a estudante/a asista a mais do 80% das clases prácticas e teóricas e presente os proxectos e traballos propostos e supere as probas escritas correspondentes. En todo caso, tanto para o que non superen a avaliación continua como para os que non seguen este sistema de avaliación, tanto na convocatoria de xuño como na de xullo haberá un exame final da materia que constará de dous partes. Un exame sobre a parte teórica que ponderará un 80% da nota e un exame práctico que valerá o 20% da nota. Neste caso tamén será necesario unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 tanto en teoría como en práctica para poder facer media. Naqueles casos nos que o alumno/a decidísese ir por avaliación continua e non superase a materia na súa totalidade, pero se algunha parte, gardarase a nota obtida durante o curso da parte que superase (Teórica ou práctica), e só presentarase en xuño ao exame coa parte que ten suspensa. Igualmente manteranse as partes aprobadas para o exame de xullo. As datas e horarios das probas
de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario
de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2017-2018. En caso de disparidade ou conflito entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade. As diferenzas no método de avaliación
que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe
propostos e competencias á diferente organización de clases
docentes empregada por ambos os centros. |