Resolución de problemas |
Avalíase a capacidade do estudante para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos e a comunicación oral e escrita. |
30 |
|
B1 B5
|
C6 C14
|
D3
|
Os estudantes de avaliación continua para superar a materia teñen que cumprir dúas condicións: (1) obter unha puntuación mínima de 5 puntos no conxunto das probas a avaliar e (2) obter como mínimo 2 puntos sobre 6 en próbaa tipo test. A puntuación obtida pola participación así como a realización e entrega de todas aquelas tarefas establecidas polo docente (casos, exercicios, supostos, exposicións, memorias, …), mantense nas convocatorias de maio e xullo do curso académico en vigor pero NON se gardará para cursos sucesivos. Os alumnos que non poidan seguir a avaliación continua serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos, que non necesariamente coincidirá coa do resto dos alumnos. A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de estudantes, medios para traballar en grupo, etc As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Centro. No
caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade. http://fcetou.uvigo.es/index.php/es/examenes |