Probas de resposta curta |
Realizaranse distintas probas teóricas de resposta curta ao longo do curso, para evidenciar que o alumnado adquire as competencias sinaladas.
Como resultado da aprendizaxe, o alumnado coñece e pode manexar as normas e a xurisprudencia relativa aos litixios sobre sustentabilidade que presentan elemento estranxeiro |
40 |
A2 A3 A5
|
B1 B2 B4
|
C48
|
|
En avaliación continua, realizarase un mínimo de dous parciais liberatorios que valerán un 40% da nota final. Ademais, realizaranse polo menos dous exames prácticos que valerán outro 40% da nota final. O 20% restante da nota procederá da asistencia a clase e da participación nas actividades que se organicen. O alumnado que non siga a avaliación continua deberá superar un exame final teórico práctico por valor do 100% da nota, segundo as convocatorias que se publiquen por parte do decanato da Facultade para o curso 2017-18. O alumnado que, a xuízo do profesor, incumpra o compromiso ético esixido pola Universidade de Vigo en relación coa realización de probas, será automáticamente expulsado da avaliación continua, sen prexuízo doutras accións que poidan derivar da súa conduta. |