Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Reactores e biotecnoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Os alumnos realizarán unha memoria sobre o traballo tutelado proposto que posteriormente terán que defender publicamente 10 B4
D1
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán diversas prácticas de laboratorio e de campo. Ao finalizar as diversas prácticas e nas datas indicadas polos profesores deberán entregar os informes de prácticas 10 B3
B4
Presentacións/exposicións Os alumnos deberán realizar dúas presentacións ao longo do curso:
1.- Exposición do traballo tutelado realizado 10%
2.- Exposición das prácticas de laboratorio 10%
Ambas serán avaliadas por un tribunal composto polos profesores da materia ou pertencentes ó departamento.
20 B3
B4
D1
Probas de resposta longa, de desenvolvemento No exame o alumno terá que responder a unha serie de preguntas curtas ou cuestiones tipo test nas que terá que demostrar os seus coñecementos así como a súa capacidade de síntese.
20 B3
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta materia é principalmente práctica, polo que o mellor sistema para avaliar os coñecementos do alumno é mediante a resolución de problemas.
40 B3
B4
C19
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua

Todos os alumnos serán
avaliados de maneira continua mediante o seguinte procedemento:

  • Desenvolvo dun traballo tutelado: Ao longo do
    cuadrimestre os alumnos deberán realizar en grupo un traballo
    tutelado
    no que utilizarán os diferentes coñecementos que están
    a adquirir na materia. O profesor planificará seminarios de seguimento
    do traballo no que se avaliará o estado do mesmo. As
    avaliacións parciais do traballo realizado durante o curso así como a
    avaliación da presentación final do traballo (memoria e presentación)
    constitúe un 20% da nota da materia correspondendo un 10% á
    memoria e un 10% á presentación.
  • Prácticas de laboratorio e saídas de campo:
    Durante o cuadrimestre os alumnos realizarán prácticas de laboratorio
    e saídas de campo
    que suporán un 20% da nota
    final de materia. A nota total das prácticas e saídas de campo calcularase
    da seguinte maneira: 50% do valor da nota corresponderá á
    presentación das prácticas e saídas de campo, 25% á memoria
    prácticas e outro 25% á asistencia ás mesmas. Requírese unha
    asistencia mínima ao 90% das prácticas e saídas da materia para
    ter dereito á avaliación das mesmas. En caso contrario procederase
    a considerar suspenso este apartado e por tanto a materia
Nota
Final

Para superar a
materia, o alumno terá que alcanzar unha nota mínima (50% da nota máxima)
en cada unha das partes da materia: traballo tutelado;
prácticas/saídas de campo e exame. A nota final será a suma das
cualificacións obtidas en cada apartado.

Segunda convocatoria

Na segunda
convocatoria, manterase a cualificación obtida nos diferentes apartados
a condición de que alcanzase o 50% da nota máxima.

Renuncia avaliación
continua

Se ao alumno élle
concedida a renuncia á avaliación continua unicamente será avaliado polo
exame que será o 100% da nota.

Compromiso ético

Espérase que os alumnos teñan un
comportamento ético adecuado. Se se detecta un comportamento pouco ético
(copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados, por exemplo) considerarase que o estudante
non cumpre cos requisitos para
superar a materia. Nese caso a cualificación global no
ano académico será suspenso (0,0).
Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización
expresa. O feito de introducir
un dispositivo electrónico non autorizado
na aula do exame considerarase
motivo de non superación da materia
no curso académico e a cualificación global será suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000