Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta "Exame parcial" formado por cuestións teóricas (tipo test ou de resposta curta) e/ou problemas relacionadas co temario da materia visto ata a data de celebración da proba.

Ó longo do cuadrimestre faranse varias probas.

As competencias CG3 e CE19 avalianse en función das respostas do alumno ás cuestións de teoría e da resolución dos problemas plantexados. En ámbolos dous casos, o alumno, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.

As competencias CT2, CT9 e CT10 avalianse na resolución, por parte do alumno, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de xeito autónomo.
25 B3
C19
D2
D9
D10
Informes/memorias de prácticas Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no que se recollerán o procedemento seguido na execución da práctica, os resultados experimentais acadados e a análise dos mesmos.

As competencias CG3, CG4, CT1, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe feito polo alumno ó rematar cada una das prácticas, valorándose a redacción, estructura e presentación do mismo, a análise e o tratamiento de resultados feito, así como as conclusión acadadas.

A competencia CT17 avalíase en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos.
Ademáis, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo.
15 B3
B4
D1
D6
D9
D17
Outras "Exame final" formado por problemas e cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.

As competencias CG3, CG4 e CE19 avalíanse no exame de teoría, en función das respostas do alumno ás cuestións plantexadas.

As competencias CE19, CT2 e CT9 avalíanse no exame de problemas, en base á resolución por parte do alumno de varios problemas de Enxeñería Química, para o cal terá que aplica-los coñecementos adquiridos no Aula.

As competencias CT1 e CT10 avalíanse en ámbalas dúas partes, pois os dous exames esixenlle ó alumno capacidade de análise e síntese. Ademáis, en ámbolos casos, o resultado acadado é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
60 B3
B4
C19
D1
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación:

Tódolos alumnos, agás os que "renuncien oficialmente á Avaliación Continua", para aproba-la materia, deben supera-lo 40% da nota máxima en cada unha das partes do “exame final”.

O alumno que "renuncie oficialmente á Avaliación Continua" , fará un “exame final” de teoría e problemas que valerá o 90% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 10% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.

En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación das "probas de resposta curta" feitas e das prácticas, polo que os alumnos so deberán face-lo "exame final".

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento “non ético” (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000