Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
C4 |
Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: fundamentos e ferramentas utilizadas na resolución de problemas analíticos e na caracterización de sustancias químicas |
C8 |
Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principais técnicas de investigación estrutural, incluíndo a Espectroscopía |
C17 |
Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: metroloxía dos procesos químicos, incluíndo a xestión da calidade |
C18 |
Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principios de Electroquímica |
C19 |
Aplicar os coñecementos e a comprensión á resolución de problemas cuantitativos e cualitativos de natureza básica |
C20 |
Avaliar, interpretar e sintetizar datos e información química |
C22 |
Procesar datos e realizar cálculo computacional relativo a información e datos químicos |
C24 |
Recoñecer e analizar novos problemas e propor estratexias para solucionalos |
C29 |
Demostrar habilidades para os cálculos numéricos e a interpretación dos datos experimentais, con especial énfase na precisión e a exactitude |
D1 |
Comunicarse de forma oral e escrita en polo menos unha das linguas oficiais da Universidade |
D3 |
Aprender de forma autónoma |
D4 |
Procurar e administrar información procedente de distintas fontes |
D5 |
Utilizar as tecnoloxías da información e das comunicacións e manexar ferramentas informáticas básicas |
D6 |
Manexar as matemáticas, incluíndo aspectos tales como análise de erros, estimacións de ordes de magnitude, uso correcto de unidades e modos de presentación de datos |
D7 |
Aplicar os coñecementos teóricos á práctica |
D8 |
Traballar en equipo |
D9 |
Traballar de forma autónoma |
D12 |
Planificar e administrar adecuadamente o tempo |
D13 |
Tomar decisións |
D14 |
Analizar e sintetizar información e obter conclusións |
D17 |
Desenvolver preocupación polos aspectos ambientais e de xestión da calidade |