Resolución de problemas e/ou exercicios |
Cada semana dedicaranse dúas horas a discutir os aspectos máis destacados dos temas tratados, a resolver cuestións xurdidas no desenvolvemento dos mesmos e á resolución dos exercicios propostos. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos de laboratorio, de xeito individual, en sesións de 3.5 h.
O alumnado atopará, con antelación, na plataforma Tema, o material necesario para a preparación previa dos experimentos a realizar.
Ao inicio de cada sesión o profesor fará unha exposición dos contidos a desenvolver. Durante a realización das prácticas o alumno elaborará un caderno de laboratorio no que deberá anotar todas as observacións relativas ao experimento realizado. Ao final da sesión deberá contestar a cuestións relacionadas co traballo realizado. |