|
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Valorarase a resolución, por parte do alumno, dalgúns dos problemas e/ou exercicios propostos nos boletíns, que deben ser entregados ao profesor. |
8 |
|
|
C1 C2 C4 C18 C19 C22
|
D4 D5 D6 D7 D9 D14
|
Prácticas de laboratorio |
O profesor realizará un seguimento do traballo experimental realizado polo alumno nas sesións de laboratorio (competencias e destrezas adquiridas). É importante indicar que é OBRIGATORIA a asistencia a tódalas sesións de laboratorio. Se o número de ausencias é igual ou superior ao 25 % das sesións de laboratorio, suporá suspender a materia. |
15 |
A5
|
|
C1 C2 C4 C17 C18 C19 C20 C21 C22 C25 C26 C27 C28 C29
|
D6 D7 D8 D9 D12 D13 D14 D15 D16
|
Informes/memorias de prácticas |
Durante as sesións de laboratorio, o alumno elaborará un caderno no que reflicta o traballo experimental levado a cabo (reaccións, procedementos, observacións, resultados, etc.). O devandito caderno será avaliado polo profesor. |
5 |
|
|
C20
|
D1 D3 D6 D9 D12 D14 D15 D16
|
Probas de resposta curta |
Realizarase unha primeira proba curta sobre formulación de compostos químicos e cálculo de concentracións que suporá un 7 % da cualificación final.
Realizarase unha segunda proba curta correspondente aos catro primeiros temas do programa. Dita proba eliminará materia, en caso de ser aprobada e suporá un 20 % da cualificación final. Os alumnos que non a superen terán que examinarse desta parte da materia na proba final. |
27 |
A5
|
|
C1 C2 C4 C19 C20 C22
|
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D9 D12 D13 D14 D16
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Realizarase unha última proba escrita correspondente aos catro últimos temas do programa. Os alumnos que non superasen a proba correspondente aos catro primeiros temas terán que examinarse de toda a materia. Dita proba realizarase o día do exame final. |
30 |
A5
|
|
C1 C2 C4 C18 C19 C20 C22
|
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D9 D12 D13 D14 D16
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
Ao final das sesións de laboratorio, realizarase unha proba de laboratorio que permitirá avaliar as competencias e destrezas adquiridas polo alumno. É necesario superar esta proba para aprobar a parte práctica da materia. |
15 |
A5
|
|
C28 C29
|
D1 D3 D6 D7 D9 D12 D13 D15 D16
|
|
Outros comentarios sobre a Avaliación |
Primeira Convocatoria: Para superar a materia é obrigatorio aprobar individualmente cada unha das partes: teoría e prácticas de laboratorio. Para iso, é necesario aprobar as probas escritas propostas e a proba de laboratorio.
A puntuación correspondente á parte práctica da materia (laboratorio) só se computará na nota final unha vez aprobada a teoría.
A participación do alumno nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Para este efecto, considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (dúas ou máis) e a realización de probas escritas. Segunda Convocatoria: Na convocatoria extraordinaria o alumno poderá repetir aquelas probas (teoría e/ou laboratorio) que non superase na convocatoria ordinaria. Conservaranse as puntuacións alcanzadas polo alumno, durante o curso, nas demais actividades que figuran no apartado de avaliación.
|