Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
C1 |
Coñecer vocabulario, códigos e conceptos inherentes ao ámbito científico oceanográfico |
C2 |
Coñecer e comprender os feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coa oceanografía |
C3 |
Comprensión crítica da historia e do estado actual das Ciencias do Mar |
C4 |
Coñecer as técnicas básicas de mostraxe na columna de auga, organismos, sedimentos e fondos, así como de medida de variables dinámicas e estruturais |
C5 |
Coñecemento básico da metodoloxía de investigación en oceanografía |
C6 |
Capacidade para identificar e entender os problemas relacionados coa oceanografía |
C7 |
Coñecer as técnicas básicas da economía de mercado aplicada aos recursos mariños |
C8 |
Comprender os principios das leis que regulan a utilización do medio mariño e os seus recursos |
C9 |
Coñecer as Institucións e Organismos públicos e privados, nacionais e internacionais relacionados coas Ciencias do Mar |
C10 |
Coñecer a problemática e os principios básicos da sustentabilidade en relación coa utilización e explotación do medio mariño |
C11 |
Planificar usos do litoral e do medio mariño e xestión sustentable dos recursos |
C12 |
Manexar técnicas instrumentais aplicadas ao mar |
C13 |
Tomar datos oceanográficos, avalialos, procesalos e interpretalos con relación ás teorías en uso |
C14 |
Recoñecer e analizar novos problemas e propoñer estratexias de solución |
C15 |
Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación, tanto en campaña como en laboratorio |
C16 |
Planificar, deseñar e executar investigacións aplicadas desde a etapa de recoñecemento ata a avaliación de resultados e descubrimentos |
C17 |
Saber traballar en campañas e en laboratorio de xeito responsable e seguro, fomentando as tarefas en equipo |
C18 |
Transmitir información de forma escrita, verbal e gráfica para audiencias de diversos tipos |
C19 |
Caracterizar, clarificar e cartografar fondos mariños, subsolos mariños e áreas litorais |
C20 |
Buscar e avaliar recursos de orixe mariña, de diversas clases |
C21 |
Xerir áreas mariñas e litorais protexidas |
C22 |
Controlar problemas de contaminación mariña |
C23 |
Deseñar, controlar e xerir centros de recuperación de especies mariñas ameazadas |
C24 |
Participar e realizar programas de formación e divulgación sobre os medios mariño e litoral |
C25 |
Participar e asesorar en investigacións sobre clima mariño |
C26 |
Planificar, dirixir e redactar informes técnicos sobre cuestións mariñas |
C27 |
Comprender os detalles do funcionamento de empresas vinculadas ao medio mariño, recoñecer problemas específicos e propoñer solucións |
C28 |
Impartir docencia no ámbito científico nos diferentes niveis educativos |
C29 |
Destreza no uso práctico de modelos, incorporando novos datos para a validación, mellora e evolución dos mesmos |
C30 |
Identificar e avaliar impactos ambientais no medio mariño |
C31 |
Capacidade para desenvolverse e entenderse nas institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais do ámbito das Ciencias do mar |
C32 |
Control de calidade de alimentos mariños |
C33 |
Control de pesqueiras |
C34 |
Deseñar, controlar e xerir plantas de produción acuícola |
C35 |
Control de calidade de augas en plantas depuradoras |
C36 |
Acuarioloxía |
C37 |
Asesoría ou asistencia técnica en temas relacionados co tema mariño e litoral |
C38 |
Usos técnicos de enerxía renovables |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización e planificación |
D3 |
Comunicación oral e escrita nas linguas oficiais da Universidade |
D4 |
Habilidades básicas do manexo do ordenador, relacionadas co ámbito de estudo |
D5 |
Habilidade na xestión da información (procura e análise da información) |
D6 |
Resolución de problemas |
D7 |
Toma de decisións |
D8 |
Capacidade de traballar nun equipo |
D9 |
Capacidade crítica e autocrítica |
D10 |
Compromiso ético |
D11 |
Capacidade de aprender de forma autónoma e continua |
D12 |
Capacidade para adaptarse a novas situacións |
D13 |
Capacidade de xerar novas ideas (creatividade) |
D14 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
D15 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica |
D16 |
Habilidades de investigación |
D17 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |