Actividades introdutorias |
Nesta actividade presentaráselles aos alumnos o temario a desenvolver durante o semestre, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo explicaráselles a forma de desenvolver a materia ao longo do semestre, crearanse os grupos que realizarán as metodoloxías integradas. |
Metodoloxías integradas |
Durante a impartición de cada tema, os alumnos disporán na plataforma TEMA, antes da sesión de aula, duns apuntamentos sobre o temario a tratar na sesión de aula así como dun cuestionario que lles axudará a atopar os aspectos teóricos máis relevantes da materia a tratar. Ademais, os alumnos tamén disporán de enunciados sobre exercicios de problemas numéricos que terán que poderán realizar durante o tempo que se imparte dita materia. Tanto o cuestionario como os problemas deixarán de estar dispoñibles unha semana despois de finalizar a impartición da materia. |
Presentacións/exposicións |
Os alumnos farán unha breve presentación en público sobre o proxecto realizado nos Traballos tutelados a cal será avaliada polo profesor e os seus compañeiros de acordo a uns criterios de avaliación publicados na plataforma TEMA. Non teñen obrigación de realizar esta presentación aqueles alumnos que a realizaron durante o curso 2015-16 e obtiveron unha cualificación superior a 5 puntos. |