Prácticas de laboratorio |
Nas sesións de laboratorio o estudante aplica os métodos de deseño descritos nas sesións maxistrais. Todas as sesións son guiadas e supervisadas polo profesor. As sesións presenciais realízanse nun laboratorio con equipamento especializado.
Nas sesións de laboratorio trabállanse as competencias CG4, CE10, CE11, CE12 e CE14.
|
Proxectos |
Esta actividade céntrase en aplicar as técnicas descritas nas sesións de teoría e habilidades desenvolvidas no laboratorio á realización dun proxecto. As sesións presenciais realízanse nun laboratorio con equipamento especializado. Os estudantes deben chegar a solucións ben fundamentadas, escollendo os métodos de deseño máis adecuados. Estes proxectos planifícanse e tutorizanse en grupos de tamaño reducido.
Mediante os proxectos trabállanse as competencias CB4, CB5, CG4, CG8, CE10, CE11, CE12 e CE14.
|