Para superar o curso é preciso completar as distintas partes nas que se divide a asignatura (sesión maxistral, prácticas en aula e traballos tutelados). A nota final será o resultado de aplicar a media xeométrica ponderada da nota de cada unha das partes (é dicir, non se pode ter un cero nalgunha das partes para poder superar a materia). Sendo "x" a nota das sesións maxistrais, "y" a das prácticas en aulas e "z" a dos traballos tutelados, a nota final será: NF = x^0.3*y^0.2*z^0.5 Durante o primeiro mes, os estudantes deberán indicar se cursan a materia seguindo avaliación continua ou final. Aqueles que sigan a avaliación continua non se poderán considerar "non presentados" unha vez se realice a entrega do primeiro cuestionario ou tarefa. O alumnado que opte pola avaliación final deberá presentar adicionalmente un dossier onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente do traballo tutelado. Durante o primeiro mes do curso, o profesorado notificaralles aos estudantes que opten pola avaliación final, se deben realizar o traballo de forma individual ou en grupo. Segunda oportunidade para aprobar o cursoA avaliación de fin de curso só poderá ser realizada por aqueles alumnos que suspenderon na primeira oportunidade (final de cuadrimestre). Para superar o curso será necesario superar as distintas partes nas que se divide a asignatura, que serán avaliadas tal e como se indica no apartado de descrición das distintas probas. Será necesario, ademais, presentar un dossier onde se inclúan tódolos detalles sobre a realización das distintas tarefas, moi especialmente do traballo tutelado. Aqueles estudantes que seguisen a avaliación continua poden optar por manter as notas das partes que tivesen superadas na primeira oportunidade ou descartalas. Outros comentariosA documentación estará en inglés. A materia impartirase en castelán e galego (incluíndo os exames). Non obstante os estudantes poderán contestar en inglés, castelán ou galego, segundo as súas preferencias. As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor. Aínda que o traballo tutelado se desenvolverá (na medida do posible) en
grupos, levarase un seguimento continuo da actividade realizada por cada
alumno ou alumna dentro do grupo. No caso no que o rendemento dun
alumno ou alumna non sexa acorde ao dos seus compañeiros de grupo,
considerarase a súa expulsión do mesmo e/ou poderá ser avaliado de forma
individual nesta parte. O uso de calquera material durante a realización dos exames terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado. En caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas a cualificación final da materia será de "suspenso
(0)" e os profesores comunicarán á dirección da escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas. |