Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Servizos multimedia
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor atenderá as dúbidas que plantexe cada alumno durante a exposición dos contidos teóricos explicados nas sesións maxistrais.
Presentacións/exposicións Despois da exposición pública realizada por cada estudante sobre as principais decisións de deseño, os detalles da implementación e a demostración do funcionamento do proxecto desenvolvido, o profesor realimentará de forma personalizada a cada alumno destacando o potencial e as posibles carencias identificadas en cada parte do desenvolvemento.
Proxectos No laboratorio, durante as sesións de traballo en grupo, o profesor realizará un seguimento personalizado de cada proposta, co fin de corrixir deficiencias e orientar as decisións de deseño para que estas sexan as correctas á hora de afrontar a implementación do mesmo.
Prácticas en aulas de informática A atención individualizada articularase co seguimento do traballo de cada alumno, monitorizando as solucións que propón para cada problema exposto nas prácticas de laboratorio.
Prácticas en aulas de informática A atención individualizada articularase co seguimento do traballo de cada alumno, monitorizando as solucións que propón para cada problema exposto nas prácticas de laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000