1. Avaliación continua A materia pode ser superada coa nota máxima a partir da avaliación continua, sen necesidade de presentarse ao exame final. Os estudantes que asistan a máis de 2 sesións de laboratorio non poden cualificarse como “non presentados”. O peso e o contido de cada unha das partes da avaliación continua son as seguintes: 1.1 Test (NTest): - Consiste nun cuestionario de resposta curta realizado preferiblemente a través da plataforma FaiTIC.
- Cobre todos os contidos impartidos nas sesións de teoría ou prácticas de laboratorio.
- A data estimada é a semana 11 do curso.
- O estudante supera esta parte se obtén unha nota maior ou igual a 5.
1.2 Prácticas de laboratorio (NPrac): - O estudante debe completar 6 das 7 sesións de prácticas para superar esta parte.
- O estudante debe implementar de forma correcta os circuítos descritos nos guións das prácticas e entregar un informe de resultados correspondente a cada práctica. A cualificación de cada práctica depende destes resultados.
- Pode ser realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos. Neste último caso e se ambos asisten á práctica, a cualificación é a mesma para os 2 alumnos.
- O estudante supera esta parte se obtén unha media maior ou igual a 5. Cada práctica ten o mesmo peso na cualificación NPrac.
1.3 Proxecto (NPro): - Debe ser presentado polos autores de forma oral.
- Pode ser realizado de forma individual ou por grupos de 2 alumnos. Neste último caso o 85% da nota é común a ambos membros do grupo mentres que o 15% representa a cualificación individual obtida a partir da presentación oral de cada alumno.
- O estudante supera esta parte se obtén unha nota maior ou igual a 5.
1.4 Cualificación final da avaliación continua (Final_ca) A cualificación final da avaliación continua obtense da seguinte forma: Final_ca: = (NTest*0.3 + NPrac*0.3 + NPro*0.4) se NTest é maior ou igual a 5 e NPrac é maior ou igual a 5 e NPro é maior ou igual a 5; Final_ca = min [(NTest*0.3 + NPrac*0.3 + NPro*0.4), 4] noutro caso. O estudante que non supera unha ou máis das partes da avaliación continua ten outra oportunidade para recuperar cada parte no exame final: - Pode realizar unha proba escrita de resposta curta e esta nota substitúe a NTest.
- Pode mellorar a súa nota de laboratorio (NPrac) por medio dun exame. Este exame consta de varios problemas relacionados co contido das prácticas de laboratorio.
- Pode completar e presentar o seu proxecto (NPro) antes da data do exame final.
2. Avaliación final e segunda oportunidade
Naqueles casos nos que o alumno decice non realizar as tarefas da avaliación continua, a nota final baséase en: - Un exame final que abarca todos os contidos da materia. Consiste normalmente en varias cuestións e problemas e dura aproximadamente 2.5 horas. Para superar o exame final é necesario obter un 5 sobre 10 e representa o 60% da cualificación final (NEx).
- Os alumnos ademais deben presentar un proxecto cos mesmos obxectivos e complexidade que o proxecto realizado na avaliación continua. Este proxecto representa o 40% da nota.
A cualificación final (Final_ex) obtense da seguinte maneira: Final_ex = (NEx*0.6 + NPro*0.4) se NEx é maior ou igual a 5 e NPro é maior ou igual a 5; Final_ex = min [(NEx*0.6 + NPro*0.4) , 4] noutro caso. Este sistema de avaliación aplícase da mesma forma á segunda oportunidade. 3. Outros comentarios - Os exames realizaranse en castelán. O alumno poderá redactar os seus informes, traballos ou presentacións en castelán, galego ou inglés.
- As notas obtidas na avaliación continua ou nos exames finais só son válidas para o curso académico actual.
- Non se permite o uso de libros, notas ou dispositivos electrónicos como teléfonos ou computadores en ningún test ou exame. Os teléfonos móbiles deben apagarse e estar fora do alcance do alumno.
|