Esta materia, ten como principal obxectivo que os alumnos aprendan tanto os conceptos teóricos básicos como os circuítos electrónicos asociados coa análise e deseño de circuítos e sistemas electrónicos de potencia. Para iso estúdanse en primeiro lugar os dispositivos electrónicos de potencia e os conceptos relacionados con sistemas eléctricos trifásicos . A continuación analízanse os convertedores electrónicos de potencia CA-CC, CC-CC e CC-CA.