Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos electrónicos programables
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e programas realizados nas
sesións de prácticas correspondentes ao tema 5 de laboratorio de acordo aos
criterios de valoración.
Será necesario ensinar ao profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos
circuítos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
10 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballos tutelados Traballo autónomo de deseño dun periférico complexo. O periférico debe estar formado por unha unidade de control e unha unidade operativa e debe estar diseñado de acordo o método estudiado no tema 9 de teoría da asignatura

O contido correspóndese co tema 6 de laboratorio.

Avaliarase o correcto funcionamento dos circuitos e programas nas sesións de prácticas correspondentes ó tema 6 de laboratorio e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado,
de acordo aos criterios de valoración.

Será necesario ensinar ó profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos circuitos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
20 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Traballos tutelados Traballo autónomo de deseño dun sistema encaixado de complexidade media. O sistema encaixado debe estar formado polo microprocesador e os seus periféricos. Ademáis, debe incluir os circuitos auxiliares necesarios para o seu funcionamento. Tamén é necesario realizar o programa do microprocesador en linguaxe ensamblador.

O contido correspóndese co tema 7 de laboratorio.

Avaliarase o correcto funcionamento dos circuitos e programas nas sesións de prácticas correspondentes ó tema 7 de laboratorio e a correcta aplicación dos conceptos teóricos ao traballo realizado,
de acordo aos criterios de valoración.

Será necesario ensinar ó profesor no laboratorio o funcionamento de cada un dos circuitos e programas.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CG13, CE7/TE2, CE8/T3, CE14/T9, CE15/T10, CT2 e CT3.
20 B3
B4
B13
C7
C8
C14
C15
D2
D3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Este exame incluirá dous tipos de cuestións:

1) Tipo test de resposta múltiple con preguntas sobre os temas de teoría.

2) Problemas de desenho de circuitos e programas e explicación do traballo realizado.

Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CE14/T9 e CE15/T10.
25 B3
C14
C15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame de solventar tarefas e problemas de desenho de circuitos e programas e explicación do traballo realizado.
Con esta metodoloxía avalianse as competencias CG3, CG4, CE14/T9 e CE15/T10.
25 B3
B4
C14
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final expresarase de forma numérica entre
0 e 10, segundo a lexislación vixente (Real Decreto 1125/2003 de 5 de Setembro;
BOE 18 de setembro).

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase
aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación
continua e avaliación final.

 

AVALIACIÓN CONTINUA:

O feito de asistir a 2 prácticas de laboratorio ou a 2
sesións de teoría supón que o alumno opta pola avaliación continua.

A asistencia a clase de laboratorio é obrigatoria na avaliación continua.

Se se opta pola avaliación continua, pódese faltar
como máximo a 2 sesións de prácticas.

A asistencia a clase teórica
considérase primordial para poder acadalo éxito na avaliación continua.

O só feito de non asistir a clases teóricas non suporá a
perda do dereito de avaliación continua, pero se o alumno non asiste a clases
teóricas debe estudar os conceptos teóricos e preparar as prácticas de
laboratorio pola súa conta.

Todalas semanas se mandarán exercicios para casa, que
serán recollidos ao principio da clase seguinte.

Aos alumnos que asistan regularmente a clases de teoría
(máximo 2 faltas) e traian os exercicios resoltos, daráselles a oportunidade de
recuperar a primeira proba parcial teórica na convocatoria final do
cuadrimestre, se non aproban dita proba durante o cuatrimestre.

Os alumnos que estean en avaliación continua pero non
aproben a materia mediante esta modalidade, deberán realizar a avaliación final completa na avaliación extraordinaria de
Xullo, 
é dicir,  deberán repetir todalas tarefas, incluídas as que aprobaran.

Os alumnos que aproben a materia mediante avaliación
continua non poderán repetir de novo na avaliación final ningunha tarefa co
obxectivo de subir a nota.

Os alumnos realizarán as prácticas e os traballos en
grupos de dous alumnos durante a avaliación continua. Os dous
estudantes recibirán a mesma nota.

A nota da materia será a suma das notas correspondentes
ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

·        
A nota de cada un dos exames teóricos sexa maior ou igual
que 5 sobre 10.

·        
A nota conxunta de laboratorio sexa maior ou igual que 5
sobre 10.

·        
Realizar todas as tarefas indicadas nos criterios de
valoración nos dous traballos tutelados.

·         Polo menos a simulación temporal funcione
correctamente nos dous traballos tutelados.

 

As distintas tarefas deben entregarse na data
especificada polo profesor. Se non é así, non serán cualificadas.

No
 caso de superar as distintas probas,
a cualificación final
(NF) será a suma ponderada das notas de cada  proba:

NF = 0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 + 0’10 *
PL + 0’20 * TT1 + 0’20 * TT2

No
caso de non superar todas as
probas (nota dos
exames <
5, nota conxunta de laboratorio <
5 ou non alcanzar os mínimos esixidos nos traballos tutelados), a cualificación final
(NF) será:

NF
=
mínimo [4’5; (0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 + 0’10 * PL + 0’20 * TT1 + 0’20 * TT2) ]

 

sendo:

ET1
=
Primeiro exame parcial de teoría.

ET2
= Segundo exame
parcial de teoría.

PL
=
Nota
das 
prácticas de
laboratorio  correspondentes ao tema 5.

TT1
= Traballo Tutelado
práctico que consiste no deseño dun periférico complexo.

TT2
= Traballo Tutelado
práctico que consiste no deseño dun sistema encaixado de complexidade
media.

 

AVALIACIÓN FINAL:

Os alumnos que opten pola avaliación final (tanto ó final do cuadrimestre como na convocatoria de Xullo) deberán
realizar un exame teórico e un exame de laboratorio individualmente.

Os alumnos que opten pola avaliación final non poderán
realizar os exames parciais nin solicitar a avaliación das prácticas nin dos
traballos tutelados.

A nota da materia será a suma das notas correspondentes
ás distintas tarefas da materia.

Para poder aprobar a materia, é necesario que:

·        
A nota de cada un dos exames teóricos sexa maior ou igual
que 5 sobre 10.

·        
A nota do exame de laboratorio sexa maior ou igual que 5
sobre 10.

No
 caso de superar as distintas probas,
a cualificación final
(NF) será a suma ponderada das notas de cada  proba:

NF = 0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 + 0’50 * EL

No caso de non superar todalas probas (nota dalgún exame < 5), a
calificación final (NF) será:

NF = mínimo [4’5; (0’25 * ET1 + 0’25 * ET2 + 0’50 * EL) ]

 sendo:

ET1
=
Primeiro exame parcial de teoría.

ET2
= Segundo exame
parcial de teoría.

EL = Exame de laboratorio.

 

COMÚN PARA TODOS OS ALUMNOS:

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Exames teóricos.

O primeiro exame teórico realizarase ao redor da semana 8
de clases no lugar e datas que determine a Escola. Incluirá problemas prácticos
e preguntas de tipo test sobre os temas que se estudaron ata a semana anterior
ao exame incluída.

O segundo exame teórico realizarase xunto co exame final
do cuadrimestre no lugar e datas que determine a Escola. Incluirá problemas
prácticos sobre todos os temas que se estudaron na materia.

Para obter a máxima nota deberán contestarse
correctamente todas as preguntas do 
exame.

 

 

Realización de
prácticas de laboratorio guiadas (só
para avaliación continua).

Só se avaliará o correcto funcionamento dos circuítos e
programas realizados nas sesións de prácticas correspondentes ao tema 5 de
laboratorio, de acordo aos criterios de avaliación.

A nota total das prácticas avaliables de laboratorio (PL)
corresponde a un 10% da nota total da materia. Será necesario entregar os
ficheiros que se indican nos enunciados de prácticas.

 

Traballos tutelados de laboratorio (só para avaliación continua).

Traballo 1. Periférico complexo. Deseño dun periférico
para o microprocesador utilizado na materia. O periférico debe estar formado
por unha unidade de control e unha unidade operativa, de acordo ao método
estudado no tema 9 de teoría da materia.

Traballo 2. Sistema encaixado. Deseño dun sistema
encaixado baseado no microprocesador estudado na teoría da materia. Este sistema
encaixado debe incluír o periférico complexo realizado no traballo 1.

Os criterios de valoración, tanto das prácticas de
laboratorio guiadas (tema 5 de laboratorio) como dos traballos tutelados (temas
6 e 7 de laboratorio) son os seguintes. Todos os apartados deben funcionar
perfectamente para obter a máxima nota. Valorarase a adición de funcionalidade
adicional á mínima requirida no enunciado do traballo.

1)         Funcionalidade.
(50 %)

Demostrable mediante:

·        
Simulacións funcionais básicas (sen retardos reais) (10
%):

•                    
Simulación do “software” (só nos sistemas encaixados).

•                    
Simulación funcional (“behavioural”) dos diferentes
circuítos “hardware”.

•                    
Simulación funcional (“behavioural”) do sistema encaixado
completo (“hardware” + “software”) (só nos sistemas encaixados).

·        
Simulacións temporais (con retardos reais) (20 %)

•                    
Simulación temporal (“Post-route”) dos diferentes
circuítos “hardware”.

•                    
Simulación temporal (“Post-route”) do sistema encaixado
completo (“hardware” + “software”) (só nos sistemas encaixados).

·        
Probas na placa de desenvolvemento. (20%)

•                    
Proba en placa dos diferentes circuítos “hardware”.

•                    
Proba en placa do periférico complexo.

•                    
Proba en placa do sistema encaixado completo (“hardware”
+ “software”) (só nos sistemas encaixados).

 

2)         Corrección
do deseño. (20%)

Demostrable mediante:

·        
Repartición adecuada de tarefas entre “hardware” e
“software" ”) (só nos sistemas encaixados).

·        
Repartición adecuada de tarefas entre unidade de control
e unidade operativa (só en periférico complexo).

·        
Utilización dos circuítos “hardware” máis adecuados para
realizar cada tarefa.

·        
Organización xerárquica adecuada do “hardware”.

·        
Aplicación das técnicas de deseño síncrono.

·        
Optimización da descrición en VHDL.

·        
Estrutura adecuada do programa en ensamblador, coa
inclusión das subrutinas necesarias”) (só nos sistemas encaixados).

·        
Utilización de interrupcións do microprocesador cando
resulte adecuado”) (só nos sistemas encaixados).

 

3)         Análise
da implementación con FPGAs . (10%)

Débense analizar os recursos lóxicos da FPGA utilizados e
razoar a súa necesidade. Analizar de forma razoada os retardos internos do
sistema implementado.

 

4)         Documentación
do deseño e a implementación con FPGAs . (20 %)

a.         Memoria.
Será necesario entregar unha memoria explicativa dun máximo de 10 páxinas por
cada un dos temas 5 a 7 do laboratorio, que deberán seguir o índice fornecido
polo profesor. Na memoria valoraranse:

·        
Estrutura clara e ordenada.

·        
Explicacións claras e suficientes para a comprensión do
traballo realizado.

·        
Inclusión de figuras 
adecuadas e legibles, incluídos resultados de simulación.

·        
Inclusión de datos 
relevantes para a comprensión do traballo realizado.

b.         Ficheiros
fonte de deseño. Será necesario entregar os ficheiros fonte utilizados polos
alumnos. Neles valoraranse:

·        
Comentarios suficientes en  os ficheiros VHDL para a súa comprensión.

·        
Comentarios suficientes en  os ficheiros ensamblador para a súa
comprensión (só nos sistemas encaixados).

 

Exame de laboratorio (só para convocatorias finais).

O exame consistirá no deseño de circuítos en VHDL e
programas en ensamblador do microprocesador utilizado na materia. Estes
circuítos e programas poderán formar parte dun periférico complexo ou dun
sistema encaixado e terán unha complexidade similar aos deseñados nos temas 5,
6 e 7 de laboratorio da materia. O alumno deberá realizar as simulacións e
probas na placa de desenvolvemento estipuladas no enunciado do exame no tempo
asignado.

Avaliarase o correcto funcionamento dos circuítos e
programas realizados durante o exame e a correcta aplicación dos conceptos
teóricos ao traballo realizado, de acordo aos criterios de valoración.

Será necesario ensinar ao profesor no laboratorio o
funcionamento de cada un dos circuítos e programas.

Para aprobar este exame será necesario:

•           Realizar
todas as tarefas indicadas no enunciado do exame.

•           Que polo
menos a simulación temporal funcione correctamente en todos os apartados.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000