Metodoloxías integradas |
Participación en actividades online que se irán propoñendo ao longo do curso, e en actividades de plantexamento de preguntas e resposta das mesmas |
10 |
|
|
C17 C18 C19
|
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame parcial |
15 |
|
B3 B4
|
C11 C17 C18
|
|
Déixase á elección dos alumnos o método de avaliación, continua ou única. A Avaliación continua (AC) consistirá en catro probas previas máis un exame final: - Un exame parcial (EP) escrito cerca da semana 5ª, que cubrirá os contidos das
leccións maxistrais 1 a 4, e que representará o 15% da Nota Final (NF) Un exame parcial (EP) escrito cerca da semana 9ª, que cubrirá os contidos das leccións maxistrais 5 a 8, e que representará o 15% da Nota Final (NF) O desenvolvemento dun programa de rede (PR). Haberá de entregarse con data límite o último día de clases prácticas. O cumprimiento das prescripcións e a calidade do software determinarán a calificación desta proba. Dependendo do número de alumnos, os profesores poderán permitir a realización deste este programa por parellas pero nese caso os dous membros da parella deberán pertencer ao mesmo grupo de laboratorio e presentarse ambos por avaliación continua. O PR representará o 20% da Nota Final (NF) A participación nas actividades online (AO) que se irán propoñendo ao longo do curso e nas actividades de plantexamento de preguntas e resposta das mesmas. As AO representan o 10% da Nota Final (NF). O procedimento de avaliación destas tarefas parmitirá, en todo caso, a obtención da máxima calificación por parte de calquera alumno. A nota máxima neste apartado (10% do total da materia) a obterá todo alumno que entregue correctamente as 8 tarefas de entrega masiva que se proporán ó longo do curso. Tamén obterán a nota máxima aqueles alumnos que obteñan una puntuación equivalente ó dobre da media ou da mediana, a menor delas. O resto dos alumnos obterán unha nota proporcional ó mínimo entre: a puntuación equivalente á entrega das 8 tarefas, o dobre da mediana e o dobre da media. Un exame final (EF) escrito sobre todos os contidos da materia, que ten un peso do 40% sobre a Nota Final (NF) e no que é necesario acadar 3,5 puntos sobre 10 para poder supera-la materia.
NF-AC = 0,15·EP1 + 0,15·EP2 + 0,1·AO + 0,2·PR + 0,4·EF A Avaliación única (AU) consisitirá na realización do mesmo EF ao final do cuadrimestre, e na entrega o mesmo programa de rede (PR) proposto para os que van por AC. Neste caso, o programa debe facerse e entregarse obrigatoriamente de xeito individual. A cualificación do PR neste caso será simplemente APTO (cun valor numérico de “1”), se cumpre os requisitos mínimos esixidos, ou NON APTO (cun valor numérico de “0”) en caso contrario ou se non se entrega, en cuio caso a nota final será o 40% do EF. É dicir, NF-AU = (0,4 + 0,6·PR) · EF Considérase que opta por AC aquel alumno que se presenta a calquera EP, elección que se mantén hasta fin de curso. Os alumnos que non se presenten a este EP, optan obrigatoriamente por AU. Haberá unha segunda convocatoria cun novo EF nas datas oficialmente establecidas e tamén se permitirá a entrega dun novo PR consistente nunha versión modificada do da primeira, con data límite de entrega o día deste segundo EF, e cuias especificacións se publicarán cunha antelación mínima de 4 semanas con respecto a esta data de entrega. Os alumnos, con independencia de ter optado por AC ou AU, poden presentarse a este EF e presentar o novo PR. Aqueles alumnos aprobados na primeira avaliación e que queiran presentarse á segunda, terán que solicitar por escrito ó coordinador da materia que a súa califiación na acta da primeira convocatoria sexa «Non Presentado». A data límite para esta solicitude coincidirá coa da revisión do exame da primera convocatoria. Para os alumnos que optaron por AC, estes EF e PR de segunda convocatoria supoñen unha oportunidade de mellorar a nota nestas dúas probas con respecto á primeira, e así no cálculo da Nota Final tense en conta a mellor nota das obtidas nestas dúas probas. Para os alumnos que optaron por AU, o EF e o PR son probas que se consideran conxuntas e inseparables, é dicir, a Nota Final será a mellor das obtidas ao avaliar conxuntamente o EF e PR de cada convocatoria. NF-AU = Máx{(0,4 + 0,6xPR-1ª) · EF-1ª, (0,4 + 0,6·PR-2ª) · EF-2ª} Considéranse presentados á materia todos os alumnos que se presenten a calquera das probas escritas, EP ou EF. As calificacións de todas as probas escritas, parciais ou finais, programas e actividades só terán efectos no curso académico no que se propoñan. |