Esta materia ten por obxectivo a adquisición, por parte do alumnado, de coñecementos avanzados sobre celas de combustibel e outras tecnoloxías de aproveitamento dos recursos naturais.
Ó final da mesma, os alumnos terán que coñecer os compoñentes das celas de combustibel, os fundamentos de operación das mesmas e as súas aplicacións. Así mesmo, adquirirían coñecementos básicos doutras enerxías renovables, como a xeotérmica, e sobre as características dos sistemas híbridos, sendo capaces de face-lo deseño de sistemas que incorporen varios aproveitamentos renovabeis.