Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Desenvolverase este traballo mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral. |
Titoría en grupo |
Reunións que os estudantes (individualmente ou en grupo) manteñen coa profesora da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades e sobre o proceso de aprendizaxe.
|