Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Pesquería e Explotación de derivados da Pesca
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os profesores atenderán as preguntas que poidan xurdir durante as clases presenciais, ou durante o traballo non presencial relacionado coa preparación dos contidos impartidos. Neste último caso as dúbidas resolveranse a través das correspondentes titorías (presenciais ou virtuais).
Estudo de casos/análises de situacións Cando sexa necesario reconduciranse os debates para orientar debidamente aos alumnos sobre a correción ou incorrección das súas opinións.
Traballos tutelados Orientarase aos alumnos sobre a preparación dos traballos, resolvendo aquelas dúbidas importantes que poidan xurdir e que se consideren determinantes para progresar na realización desta actividade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000