Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Pesquería e Explotación de derivados da Pesca
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As clases maxistrais impartiranse en sesións duns 50 min de duración mediante videoconferencia e o uso de presentacións Power Point. Intentarase fomentar a participación activa dos alumnos a través da formulación de cuestións ou situacións relacionadas cos contidos da materia.
Estudo de casos/análises de situacións Dentro das clases presenciais os alumnos deberán poñer en práctica os coñecementos
adquiridos e as súas habilidades comunicativas e explicativas, a través da participación activa en debates relacionados con determinados aspectos da materia, que propoñerán os profesores, e
que lles esixirá tamén a procura e lectura de información alternativa.
Traballos tutelados Os alumnos deberán resolver ou preparar en pequenos grupos, e de forma non presencial, unha serie de casos, situacións, ou temas relacionados coas competencias da materia, que finalmente deberán entregar por escrito
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000