Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Diversidade Xenética e as súas Aplicacións ao Estudo de Organismos Mariños
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explica os contidos teóricos de cada tema. Forneceranse amplos esquemas da materia e unha bibliografía específica a fin de que o alumno poida profundar nos distintos temas. O estudante asimila e anota conceptos. Expón dúbidas e cuestións.
Prácticas en aulas de informática Os alumnos adestraranse no manexo dos programas e ferramentas de Internet máis relevantes relacionados con cada tema. Os alumnos deberán responder a un cuestionario no que se lle exporán preguntas relativas á utilidade dos métodos empregados e a interpretación dos resultados obtidos con datos reais. O profesor orienta e resolve dúbidas.
Presentacións/exposicións Os alumnos elaborarán unha memoria escrita comentando de forma crítica un tema de investigación.
Debaterán cos profesores os seus respectivos puntos de vista.
Prácticas autónomas a través de TIC O alumno resolverá cuestionarios que expoñen actividades e preguntas sobre os aspectos prácticos e teóricos impartidos na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000