O TFM é unha materia que permite finalizar os estudos de Máster (RD 1393/2007). Para a súa realización requírese estar matriculado da mesma e que o estudante superase todas as demais materias do primeiro ano (60 ECTS). Para
a súa presentación e defensa é necesario que o estudante superase ademais as Prácticas Externas do segundo ano (18
ECTS). É por iso, que ha de realizarse na fase final do plan de estudos e estar claramente orientado á avaliación das
competencias asociadas ao título.
b) O RD 861/2010, establece que non poderá ser obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes ao TFM. Por tanto, pódese realizar un TFM noutra universidade, pero ha de presentalo, defendelo e superalo nas Universidades responsables da titulación (UVIGO e UDC).
c) A elaboración, avaliación e cualificación do TFM terá lugar dentro do período académico aprobado para cada curso.
d) O TFM é un traballo persoal, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a supervisión dun ou dous
titores.
e) O TFM é un traballo orixinal. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade noutras materias de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos previos. En ningún caso poderá ser o resultado das PE realizadas.
e) O estudante ten dereito ao recoñecemento da autoría do TFM elaborado e á protección da súa propiedade
intelectual. A titularidade dos dereitos pode compartirse co Titor/é e coas entidades públicas ou privadas ás
que pertenzan estes, nos termos que prevé a lexislación vixente sobre dereitos de autor.
f) O TFM pode realizarse en Universidades e Centros de Investigación, así como en institucións ou empresas externas ás Universidades, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Neste caso, nomearase un titor externo pertencente á devandita institución ou empresa. O ou os titores académicos, compartirán co ou os cotutores as tarefas de dirección e orientación do estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade do titor académico facilitar a
xestión do TFM. |