Guia docente 2016_17
Facultad de Biología
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Ferramentas Biotecnolóxicas para Análise Forense
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1. OBTENCIÓN DE MOSTRAS BIOLÓXICAS DE INTERESE FORENSE
1.1.Recollida, manipulación, caracterización e almacenamento de mostras
1.2.Fontes de evidencias biolóxicas
1.3.Almacenamento e conservación do material biolóxico
TEMA 2. EXTRACCIÓN E CUANTIFICACIÓN DE ADN EN ANÁLISE FORENSE.
2.1. Principios xerais, extracción Chelex, papel FTATM, sistema DNA IQR, extracción diferencial de ADN, extracción en fase sólida.
2.2. A PCR: inhibidores e degradación, sensibilidade, contaminación, RT-PCR e PCR multiplex.
TEMA 3. DNA TYPING MEDIANTE ANÁLISE DE MICROSATÉLITES (STRs).
3.1. Estrutura dos loci STR, desenvolvemento de STR multiplexes, detección de polimorfismos STR e interpretación dos perfís. Picos stutter e split.
Bandas pull-up. Perfís solapantes.
3.2. Estudo de ADN degradado: desenvolvemento de mini-STRs en desastres en masa. DNA de baixo número de copia (LCN).
3.3. Bases de datos de ADN en xenética forense: CODIS, NDNAD e outras bases europeas. Situación internacional.
TEMA 4. OS CROMOSOMAS X E Y EN ANÁLISE
FORENSE.
4.1. Estrutura dos cromosomas sexuais.
4.2. Marcadores dos cromosomas X e Y en análises de trazas, en probas
de paternidade e en análise de haplotipos.
4.3. Distribución de alelos STR dos cromosoma sexuais e distribución de haplotipos en diferentes poboacións.
4.4. Diversidade xenética poboacional.
TEMA 5. POLIMORFISMOS DUN ÚNICO
NUCLEÓTIDO (SNPs).
5.1. Estrutura e detección.
5.2. Aplicacións forenses dos SNPs.
5.3. SNPs versus STRs.
TEMA 6. O ADN MITOCONDRIAL EN XENÉTICA
FORENSE.
6.1. Características do ADNmt.
6.2. Heteroplasmia: concepto e interpretación.
6.3. Identificación de individuos.
TEMA 7. APLICACIÓNS DA XENÉTICA
FORENSE EN ESPECIES ANIMAIS E VEXETAIS
7.1. Identificacion de especies
7.2. Trazabilidad e fraudes comerciais. Caza ilegal e tráfico de especies protexidas
7.3. Determinación do sexo en aves
TEMA 8. ANÁLISE BIOESTADÍSTICO EN XENÉTICA FORENSE.
8.1. Introdución
8.2. Estatística básica para xenética forense.
8.3. Equilibrio de Hardy-Weinberg.
8.4. Parámetros estatísticos en xenética forense: investigación biolóxica da paternidade, identificación e criminalística.
TEMARIO DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO,
PIZARRA E COMPUTADOR.
Práctica 1. Extracción diferencial de ADN procedente da escena do delito.
Práctica 2. Cuantificación e amplificación de diferentes loci autosómicos e sexuais a partir do ADN extraído.
Práctica 3. Análise estatística de datos en investigación forense.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000