Guia docente 2016_17
Facultad de Biología
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Prevención, Xestión e Auditorías Ambientais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do programa e guía da materia. Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais, os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observaciiones para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos crave. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas, textos e outros materiais que considere oportuno.
Seminarios Formulación de problemas teóricos ou prácticos e entrega de documentación para a súa análises, estudo-debate e conclusións de grupo.
Por tanto, os seminarios concíbense como traballo práctico para tratar problemas reais ou teóricos.
Traballos tutelados Realizaranse traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema a proposta do profesor ou do alumno/a, identificación preliminar da documentación e da metodoloxía, elaboración dun guión xeral, sesións periódicas co profesor ou por correo-e para o seguimento e preparación do informe ou memoria, entrega da memoria final, revisión e, de ser o caso, corrección polo alumno/a.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000