Guia docente 2016_17
Facultad de Biología
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Trazabilidade
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio O profesorado supervisará as tarefas realizadas polo alumnado durante as prácticas, e atenderá todas as cuestións que poidan xurdir durante as devanditas sesións.
Seminarios Os conferenciantes atenderán todas as preguntas que poidan xurdir durante as sesións de seminarios
Sesión maxistral O profesorado aclarará todas as cuestións que expoñan os alumnos tanto durante as sesións teóricas como ao longo do traballo non presencial relacionado cos contidos abordados na clases. Neste último caso, a atención levará a cabo a través das titorías correspondentes.
Estudo de casos/análises de situacións O profesorado atenderá todas as cuestións que poidan xurdir durante a resolución dos cuestionarios/casos relacionados cos prácticas que os alumnos deberán preparar como parte das súas actividades non presenciais
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000