Sesión maxistral |
Nestas sesións os profesores expoñerán oralmente e, se fose o caso, valéndose dos medios
informáticos ao uso, da estrutura e dos conceptos que fan significativo o tema obxecto do
temario antes proposto. Esta exposición ordenada e xustificada do tema complementarase coa
recomendación anticipada de lecturas que estimulen entre o alumnado o coñecemento dos
aspectos elementais e problemáticos do tema, o coñecemento das diferentes propostas de solución, o seu tratamento lexislativo e as súas implicacións éticas. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Como metodoloxía paralela ás sesións maxistrais, emprégase a aprendizaxe baseada en problemas. Os estudantes reciben e tentan resolver ao comezo de cada tema un suposto práctico no que resultan particularmente relevantes os aspectos éticos e legais da práctica da biotecnoloxía. Ao finalizar a respectiva sesión teórica revisan a solución dada ao caso inicial e reciben outro que deberán resolver pola súa conta, con asesoramento do docente. Parte da avaliación final consistirá na solución a un caso novo. |