Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Aspectos Legais e Éticos en Biotecnoloxía
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Nestas sesións os profesores expoñerán oralmente e, se fose o caso, valéndose dos medios
informáticos ao uso, da estrutura e dos conceptos que fan significativo o tema obxecto do
temario antes proposto. Esta exposición ordenada e xustificada do tema complementarase coa
recomendación anticipada de lecturas que estimulen entre o alumnado o coñecemento dos
aspectos elementais e problemáticos do tema, o coñecemento das diferentes propostas de solución, o seu tratamento lexislativo e as súas implicacións éticas.
Estudo de casos/análises de situacións Como metodoloxía paralela ás sesións maxistrais, emprégase a aprendizaxe baseada en problemas. Os estudantes reciben e tentan resolver ao comezo de cada tema un suposto práctico no que resultan particularmente relevantes os aspectos éticos e legais da práctica da biotecnoloxía. Ao finalizar a respectiva sesión teórica revisan a solución dada ao caso inicial e reciben outro que deberán resolver pola súa conta, con asesoramento do docente. Parte da avaliación final consistirá na solución a un caso novo.
Seminarios Os estudantes preparan e presentan en clase un tema de forma oral que se discute despois co resto de compañeiros. Iso posibilita un estudo con maior profundidade e detalle, así como o desenvolvemento de habilidades de análises e interpretación de fontes normativas e bibliográficas e de habilidades expositivas e argumentativas. Parte da avaliación final consistirá na exposición oral individual ou grupal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000