A enxeñería celular e tisular constitúe unha área emerxente na citoloxía e histoloxía humana dos nosos
días. Xorde como resultado da progresiva aplicación biotecnolóxica das células vexetais e animais,
así como dos novos tecidos construídos a partir de coñecemento derivado do desenvolvemento embrionario, dos novos modelos desenvolvidos in vitro, e da unión de ambos os tipos de aproximacións. Trátase dunha área en expansión que asentada nos coñecementos básicos da citología e histología ten por obxectivo cultivar, conservar, caracterizar e modificar células vexetais e/ou animais e construír tecidos novos, funcionalmente activos, a partir de células procedentes de cultivos desenvolvidos previamente e de biomateriais
de distinta natureza que serven como soporte ou andamiaxe.