Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Materias
  Enxeñaría Xenética e Transxénese
   Competencias
Código Descrición
C1 CEC1.- Saber buscar e analizar a biodiversidade de microorganismos, plantas e animais, así como seleccionar os de maior interese biotecnolóxica (aplicada).
C2 CEC2.- Ter unha visión integrada do metabolismo e do control da expresión xénica para poder abordar a súa manipulación.
C3 CEC3.- Coñecer as aplicacións biotecnolóxicas dos microorganismos, plantas e animais e saber manipulalos de cara á súa aplicación biotecnolóxica.
C4 CEC4.- Coñecer e saber usar as técnicas de cultivo e a enxeñaría celular.
C5 CEC5.- Coñecer os principios da xenómica e a proteómica.
D1 CGI1.- Capacidade de análise e síntese (localización de problemas e identificación das causas e a súa tipoloxía).
D2 CGI2.- Capacidade de organización e planificación de todos os recursos (humanos, materiais, información e infraestruturas).
D3 CGI3.- Capacidade de xestión da información (con apoio das tecnoloxías da información e as comunicacións).
D4 CGI4.- Capacidade de planificación e elaboración de estudos técnicos en biotecnoloxía microbiana, vexetal e animal.
D5 CGI5.- Capacidade para identificar problemas, buscar solucións e aplicalas nun contexto biotecnolóxico profesional ou de investigación.
D10 CGIP2.- Capacidade de traballo nun contexto de sustentabilidade, caracterizado por: sensibilidade polo medio ambiente e polos diferentes organismos que o integran, así como concienciación polo desenvolvemento sostible.
D11 CGIP3.- Razoamento crítico e respecto profundo pola ética e a integridade intelectual.
D13 CGS2.- Aprendizaxe autónoma.
D15 CGS4.- Sensibilización cara á calidade, o respecto ambiental, o consumo responsable de recursos e a recuperación de residuos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000