Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos Cada alumno deberá realizar ao longo do curso unha serie de traballos e actividades propostos por cada un dos docentes da materia. Os criterios de avaliación, así como o formato, modalidade e prazos de presentación serán establecidos en cada grupo por cada profesor responsábel no inicio do curso. A avaliación será, por tanto, continua, progresiva e sumativa. Tanto na 1ª como na 2ª convocatoria, cada profesor emitirá unha nota inidvidual sobre 10. Esta será ponderada en función do número de horas do docente e sumada á dos demais para obter a cualificación final do alumno. 100 B3
B4
B5
C2
C6
C7
C8
C9
C10
C11
C13
C14
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Asistencia en 1ª convocatoria

A avaliación continua só se aplicará ao alumnado que asista habitualmente ás clases. A asistencia ás aulas é obrigatoria e será controlada polo profesorado no momento que estimar oportuno. O alumnado deberá xustificar a súa ausencia por motivos médicos ou laborais. O alumnado que presente un absentismo inxustificado en máis dun 10% das horas dun dos profesores da materia obterá un "non presentado" en primeira convocatoria.

Segunda convocatoria

O alumnado que presente un absentismo inxustificado en máis dun 10% das horas dun dos profesores ou que non supere o proceso de avaliación en primeira convocatoria terá que presentar un traballo centrado no deseño dunha unidade didáctica conforme ás instrucións indicadas previamente polo profesorado.. O alumno pódelle propor ao profesorado un tema diferente para o seu traballo. Sexa como for, o profesorado debe estar informado e conforme coa mudanza de tema. O sistema de cualificación será o mesmo que na primeira convocatoria. A avaliación basearase nunha grade de avaliación que será presentada no inicio do curso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000