Guia docente 2016_17
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Linguas e Literaturas. Linguas Estranxeiras
 Materias
  As Linguas Estranxeiras no Contexto Español e Internacional
   Contidos
Tema Subtema
1. O Marco común europeo de referencia para as linguas. Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. Estudo e discusión dos documentos fundamentais sobre o ensino de linguas estranxeiras no contexto europeo.
2.- O ensino de linguas no presente modelo educativo, nacional e autonómico. Visión panorámica do ensino de linguas en España e en Galicia desde as perspectivas da educación obrigatoria, post-obrigatoria ou de réxime especial.
3.- Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. Descripción e estudo en detalle das competencias específicas, transversais e complementarias a desenvolver nos dististintos niveis de aprendizaxe.
4.- O deseño curricular base. Estándares de aprendizaxe evaluábeis e criterios de avaliación das linguas estranxeiras nos distintos tipos de ensino.
5.- As programacións didácticas vixentes.

Panorámica das programacións actuais nos distintos tipos de ensino e a súa discusión desde a perspectiva dos obxectivos fixados nos contextos nacional e internacional.
6.- Seccións bilingües e plurilingües. Metodoloxía CLIL/AICLE. Os proxectos lingüísticos de centro (PLC)
Información de novas orientacións e métodos que comezan a ser empregados desde a perspectiva curricular.
7.- O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras en países da nosa contorna. Información relevante sobre institucións internacionais dedicadas ao ensino e certificación das linguas estranxeiras.
8.- As linguas estranxeiras como fenómeno global. Experiencias educativas non europeas. Visión panorámica dos sistemas educativos doutros países non europeos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000