A materia proporcionará ao estudante coñecementos e habilidades en catro áreas: sistemas de produción vexetal e boas prácticas, técnicas de reprodución e mellora vexetal (biotecnoloxía vexetal), seguridade e hixiene vexetal e lexislación e normativas. A materia inclúe clases maxistrais, seminarios, estudo de casos en aprendizaxe cooperativa, e clases prácticas de laboratorio.