Prácticas de laboratorio |
Serán participativas e permitirán establecer accións personalizadas de reforzo. Durante a realización das prácticas de laboratorio os profesores darán atención personalizada ós alumnos para a correcta comprensión dos obxectivos experimentais e da metodoloxía ou técnica utilizada. O alumno debe aprender a traballar en equipo. Unha vez finalizada a práctica, o grupo de alumnos será supervisado no seu traballo por un profesor. Contémplase tamén a resolución de dúbidas e problemas a través da plataforma TEMA ou nos horarios de titorías |
|
Estudo de casos/análises de situacións |
O alumno debe aprender a traballar de forma autónoma realizando as actividades non presenciais que se indican nas sesións maxistrais e estudando os temas propostos. Tamén deben aprender a traballar en equipo para o que, baixo a supervisión dos profesores, realizarán un traballo con presentación pública. Estes traballos terán supervisión en titorías en grupo, e poderán formar parte asemade de titorías personalizadas. |
|