|
Descrición |
Cualificación |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Prácticas de laboratorio |
A asistencia á totalidade das prácticas, salvo falta debidamente xustificada, é preceptiva para superar a materia en calquera convocatoria |
0 |
A1 A2 A3 A4
|
B2 B3 B4
|
C9 C10 C11 C22 C25 C31 C32
|
D1 D2 D6 D10 D13 D14 D16 D17
|
Saídas de estudo/prácticas de campo |
A saída de campo programada considérase parte da docencia práctica; en consecuencia, é preceptiva a asistencia para superar a materia, salvo falta debidamente xustificada |
0 |
A1 A2
|
B3 B12
|
C1 C10 C12 C33
|
D6 D13 D14
|
Seminarios |
A asistencia á totalidade das sesións de seminario, salvo falta debidamente xustificada, é preceptiva para superar a materia en calquera convocatoria. O grao de atención e aproveitamento por parte do alumno será avaliado a través dun cuestionario realizado de xeito non presencial que deberá enviarse por correo electrónico antes das 14:00 horas do día 7 de abril de 2017. |
10 |
A2 A3 A4
|
B2 B3 B5 B7 B10
|
C9 C10 C12 C15 C28
|
D1 D2 D3 D6 D10 D16
|
Outros |
A confección do herbario é unha actividade obrigatoria. Deberá presentarse, alúmenos, 10 pregos debidamente etiquetados e ordenados. Entregarase á profesora encargada da docencia práctica o día do exame práctico. |
10 |
|
B2 B3 B4 B5 B10
|
|
D1 D2 D6 D10 D13 D14 D16
|
Probas de resposta curta |
A parte teórica da materia será avaliada mediante tres probas parciais que consistirán nun combinado de preguntas de resposta curta e preguntas tipo test. Para superar a materia, a cualificación mínima obtida nos dous primeiros exames parciais deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non acaden esta cualificación poderán presentarse ao exame final, que coincidirá coa terceira proba parcial. Para superar a materia, a nota media dos tres exames parciais, ou a cualificación da proba final, deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. |
50 |
A1 A2 A3 A4
|
B2 B3 B5 B10 B11 B12
|
C2 C10 C11 C13 C19 C22 C24 C28 C32 C33
|
D1 D2 D10 D13 D16
|
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
O examen práctico constará de dúas partes: unha proba de descrición e identificación dun exemplar utilizando as claves (10%) e unha proba de recoñecemento de "visu" de outros 5 exemplares (10%). |
20 |
A1 A2
|
B2 B3 B4 B10 B12
|
C1 C11 C12 C13 C25 C28 C31
|
D1 D2 D10 D16
|
Probas de autoavaliación |
O alumno disporá na páxina da materia na Plataforma TEMA de cuestionarios de autoavaliación para facilitar o estudo da teoría. O período de realización de cada grupo de cuestionarios estará fixado pola profesora encargada da docencia teórica, a fin de programar o estudo secuencial da materia. Os resultados obtidos nos mencionados cuestionarios de autoavaliación suporán o 10% da cualificación final. |
10 |
A1 A2 A3
|
B2 B3 B5 B10 B12
|
C2 C10 C32
|
D1 D2 D10 D17
|
|
Outros comentarios sobre a Avaliación |
AVALIACIÓN ALUMNOS PROGRAMA MAIORES do CICLO DE INTEGRACIÓN:
-Á asistencia e participación nas clases teóricas e seminarios (mínimo 80%) lle corresponde o 50% da cualificación global; se asistiran á totalidade das clases se lle engadiría outro 10%.
- Asistencia e participación nas prácticas de laboratorio e saída ao campo, así como a elaboración dun herbario, (20% da cualificación global).
- Realización dun traballo bibliográfico individual ou grupal (20% da cualificación global).
PARA O RESTO DOS ALUMNOS:
A asistencia aos seminarios, clases prácticas de laboratorio e saída de campo é obrigatoria (salvo falta debidamente xustificada); os alumnos que non cumpran este requisito figurarán nas actas como "non presentados".
- Para superar a parte teórica da materia a nota media obtida nas probas parciais ou no exame final deberá ser igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10. A cualificación mínima esixida nos dous primeiros exames parciais deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Os alumnos que non acaden esta cualificación poderán presentarse ao exame final, que coincidirá coa terceira proba parcial da materia. A cualificación media das probas teóricas suporá o 50% da cualificación global. Os resultados obtidos nos cuestionarios de autoavaliación suporán o 10% da cualificación global.
As datas das probas parciais están sinaladas no horario do curso. O exame da convocatoria de Fin de Carreira está previsto para o día 6 de outubro de 2016 ás 12 horas; o exame final e o terceiro exame parcial se celebrará o día 25 de maio de 2017 ás 12 horas e a convocatoria de xullo está fixada para o día 30 de xuño de 2017 ás 12 horas.
- O exame práctico de laboratorio representa o 20% da cualificación global da materia. Consistirá na descrición dun espécime (10%), incluíndo a elaboración do diagrama e a fórmula floral , e a identificación de “visu” de 5 especies da lista publicada na Plataforma TEMA. O examen práctico se celebrará os días 22 e 23 de mayo de 2017.
- Á elaboración do herbario, de alúmenos 10 pregos debidamente etiquetados e ordenados, lle corresponde o 10% da cualificación global.
-Para avaliar a atención prestada nos seminarios (10% da cualificación global), os alumnos deberán responder un cuestionario a proposta dos profesores encargados de impartilos, e deberán presentalo antes das 14:00 horas do día 7 de abril de 2017.
A cualificación final é o resultado da suma das porcentaxes asignadas aos distintos apartados avaliados. Para poder superar a materia na primeira convocatoria é necesario obter nas probas teóricas (ou no exame teórico final) unha nota media igual ou superior a 4,5 puntos sobre 10, e no exame práctico unha cualificación mínima de 5 sobre 10 puntos. De non conseguir a puntuación mínima o sumatorio da nota final multiplícarase por 0,5.
Dentro do mesmo ano académico conservarase as notas dos diferentes apartados ate a convocatoria de xullo (non se gardan as notas dos exames parciais). Na convocatoria de xullo é posible repetir o exame práctico.
A repetición da materia en cursos posteriores implica repetir a totalidade das actividades.
|