Os horarios da materia poden ser consultados na páxina web da Facultade: http:// bioloxia.vigo.es 1. A avaliación é continuada ao longo do curso e valórase a asistencia e participación nas actividades. Por conseguinte, só figura como Non Presentado en Acta aquel alumno que nunca asistiu ás clases teóricas, aos seminarios e ás prácticas. 2. TELEDETECCIÓN: a) TEORÍA: A proba teórica dista parte realizase en abril (ver horarios). B) PRÁCTICA: Para poder superar a materia é necesario asistir ás prácticas e presentar a conseguinte memoria (no caso de non o facer, o alumno deberá realizar unha proba práctica). A nota final conséguese sumando 30% da teoría, 8% das prácticas e 2% asistencia a seminarios e prácticas de aula. Esta parte da materia é eliminatoria cando se alcanza o 50% do valor da mesma. 3. TÉCNICAS DE CAMPO: Sen asistencia e participación ás prácticas (polo menos no 90%) o alumno non poderá superar esta parte da materia. A avaliación correspondente a Técnicas Básicas de Campo faise con base á asistencia e participación ás clases teóricas, seminarios e prácticas e ao curso online realizado pola Biblioteca (10%), á presentación individual do Caderno de Campo (5%), a un informe escrito das prácticas, realizado en grupos de 4-5 alumnos seguindo as normas presentadas en TEMA (30%), e á defensa oral e pública dunha das prácticas, seleccionada ao azar (normas detalladas na plataforma TEMA) (15%). Esta parte da materia é eliminatoria cando se alcanza o 50% do valor da mesma. 4. A cualificación final en primeira opción, no caso de que a nota de Teledetección ou Técnicas Básicas de Campo (TBC) non alcancen por separado o 50% do total de cada unha, obterase da suma de ambas, multiplicado por 0,5. 5. Se un alumno copia na proba teórica e/ou nos informes suspenderá esa proba nesa convocatoria. 6. A parte aprobada, Teledetección e/ou Técnicas Básicas de Campo, poderá conservarse ata 4 cursos académicos, pero sempre que o alumno suspenso se matricule da materia figurará esta nota en Acta (aínda que non se presente á parte non superada); é dicir, unha persoa que tivo nota nalgún momento non poderá figurar como Non Presentado en actas posteriores, excepto que renuncie á nota obtida anteriormente y decida repetir a materia completa, o que deberá indicar por escrito á coordinadora da materia. 7. As probas finais terán lugar: teórica de Teledetección o 24 de Abril (15:00 h.) e defensa do informe de Técnicas Básicas de Campo o 31 de Maio (9:00 h.). A recuperación (ambas) será nos días 12 e 13 de Xullo, respectivamente (9:00h.) (comprobar posibles modificacións de data na web da Facultade de Bioloxía). O alumno só deberá presentarse á parte suspensa, indicada no momento da publicación das notas finais na primeira convocatoria. A convocatoria extraordinaria de Fin de Grao será o 3 e o 5 de Outubro de 2016, respectivamente (12:00 h). |