Probas de resposta curta |
Probas de avaliación das competencias adquiridas, que inclúen preguntas relativas aos contidos impartidos nas sesións maxistrais, nas sesións de resolución de problemas e nos seminarios. |
60 |
A1 A2 A4
|
B5
|
C28
|
D4
|
OBSERVACIÓNS XERAIS:Esta materia divídese en dúas partes, de modo que cada unha delas terá un peso do 50% na nota final: - A primeira parte comprende os temas 1-3 e impartirase na primeira metade do cuatrimestre. Ao seu término, e co obxectivo de facer unha primeira avaliación parcial, poderase facer entrega dos exercicios de prácticas propostos, e realizar un control presencial dos contidos conceptuais e teóricos impartidos, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación.
- A segunda parte abarca os temas 4-6 e impartirase na segunda metade do cuadrimestre.
Para aprobar esta materia na convocatoria de maio-xuño, terán que superarse de maneira independente cada unha das partes, segundo o baremo establecido para a avaliación. Nese caso, se se superan ambas as partes, a nota final será a media das mesmas. Para a convocatoria de xullo e sucesivas, empregaranse os mesmos criterios que para a convocatoria de maio-xuño. METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIALCadro básico de metodoloxía e avaliación da materia:
Proceso de ensino |
Horas |
Avaliación |
Aprendizaxe con apoio do titor |
Apoio docente |
22 horas |
10% |
Foros de dúbidas por temas (online) |
18 horas |
0% |
Exame ou tarefas de avaliación |
10 horas |
60% |
Traballo autónomo do alumnado |
100 horas |
30% |
TOTAL |
150 horas |
100% |
Ler con atención e en caso de dúbida consultar cos profesores responsables da modalidade semipresencial: Xesús Lage (xalp@uvigo.es) e José Vicente Novegil (vnovegil@uvigo.es).
NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE:- O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir unha avaliación continua semipresencial, que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado deseñe para dita modalidade.
- A modalidade semipresencial establece a avaliación das dúas partes en que está dividida a materia de forma independente. A mediados do cuadrimestre realizarase unha primeira avaliación presencial voluntaria, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación, dos contidos impartidos, e farase entrega dos exercicios de prácticas propostos. De non acollerse a esa avaliación parcial da primeira parte da materia na data estipulada, o alumnado deberá asistir presencialmente na data, hora e aula fixada no calendario do Centro ao termo do curso. A segunda parte da materia será avaliada ao finalizar o curso, ben de forma presencial, nunha aula da Facultade de CCSS e da Comunicación, ben de forma virtual (videoconferencia ou similar).
|