A avaliación continua
implica a asistencia a un 80% das clases prácticas. As persoas que superen esta
porcentaxe serán avaliadas segundo se define no paso 7 (avaliación): Apartado A: proba tipo test (35%) + “traballo teórico” (15%). Apartado B: “traballo práctico” (25%) e participación activa
nas prácticas (25%). A
avaliación final faise se non se
acadou o 80% da asistencia ás prácticas. Nestes casos, presentarase un traballo
que supón o 40% da puntuación final (15% a parte teórica e 25% a parte práctica).
Tamén haberá que facer un exame teórico-práctico que supón o 60% da puntuación
final (30% a parte teórica e 30% a parte práctica). As actividades non superadas na primeira convocatoria poderán ser recuperadas na segunda convocatoria. Aquelas personas que non se presentaron na primeira edición e se presenten na segunda, serán avaliadas seguindo a "avaliación final" comentada con anterioridade. Avaliación do alumnado non asistente O alumnado non asistente seguirá a avaliación final. Cómpre aprobar
as catro partes da avaliación en calquera convocatoria (exame teórico, traballo
práctico, traballo teórico e participación activa ou exame práctico). As probas
tipo test poden cambiarse por outro tipo de respostas se así o considera nese
curso académico o profesorado (exame oral, de resposta curta ou desenrolo). Contémplase a
posibilidade de facer saídas de estudos para realizar prácticas en contextos
específicos. Data dos exames: consultar http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=189,921,0,0,1,0 |