Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Ao longo do curso, o alumnado deberá realizar en grupos aleatorios unha serie de tarefas ou proxectos relacionados cos contidos da materia. Cada proxecto será avaliado polo profesor. O conxunto das tarefas ou proxectos realizados por cada estudante constituirá o seu portfolio de aprendizaxe, que se irá completando en formato blog. A media das notas obtidas en cada proxecto constituirá o 75% da nota final da materia. Para poder ser avaliado na primeira convocatoria, o alumnado deberá realizar todas as tarefas propostas nos prazos fixados pola clase. Entrarán tamén nesta media as intervencións pedagóxicas e tarefas que o alumnado na aula faga voluntariamente. 75 B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Presentacións/exposicións Nas datas estabelecidas na clase durante o período de exames do cuadrimestre, o alumnado deberá presentar oralmente o seu portfolio de aprendizaxe, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor e que estarán recollidas nun blog de aprendizaxe. O alumnado deberá ter realizado todas as tarefas propostas ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada estudante disporá de 10 minutos e poderá usar os medios audivisuais que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán públicas, aínda que o/a alumno/a poderá decidir se quere realizar a exposición só en presenza do profesor. As exposicións de cada estudante serán avaliadas segundo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Sexa como for, nos criterios de avaliación que conformarán esta grella terase en conta a asistencia ás aulas e a participación no grupo de traballo en liña. 25 B10
C13
C51
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na web da materia e na web da facultade.

Logros e traballos voluntarios en primeira convocatoria

O profesor poderá outorgar ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. A lista de distincións, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na páxina web da materia.

O profesor proporalle ao alumnado unha serie de tarefas que poderá realizar voluntariamente para ampliar as súas aprendizaxes e mellorar a cualificación dos proxectos. As instrucións e sistema de avaliación estarán detallados na páxina web da materia. As tarefas ou proxectos voluntarios farán media coas tarefas obrigatorias.

Avaliación en segunda convocatoria

O alumnado que non viñer ás aulas e/ou que non elaborar a totalidade das tarefas do portfolio de aprendizaxe nos prazos estabelecidos non poderá realizar a presentación oral do portfolio de aprendizaxe. Nese caso, será avaliado como non presentado en primeira convocatoria. 

O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria.

Linguas de traballo

As linguas de traballo da materia serán o francés, o galego e o castelán. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das tres linguas de traballo, tanto da comunicación oral ou escrita como nas tarefas parciais e presentación final. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados do exame en segunda convocatoria estarán redactados en lingua francesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das tres linguas de traballo da materia.

Fica prohibida a utilización do tradutor automático. O seu uso repetido nunha tarefa ou nun portfolio poderán supor a invalidación dos mesmos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000