Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas profesor e alumnado traballarán os conceptos esenciais dos diferentes puntos dos contidos da materia. O alumnado recollerá no seus portfolios as súas impresións e consclusións sobre estas sesións. O profesor tamén indicará bibliografía e outros recursos útiles para o alumnado procurar información adicional.
Proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro tarefas que integrarán o portfolio ou blog de aprendizaxe que deberá presentar oralmente cada estudante no final do cuadrimestre. As datas de realización das tarefas serán estabelecidas nas sesións de debate, pero non se aconsella que se superen as dúas semanas para a súa realización. Preferentemente nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas mediante a realización de actividades grupais e colaborativas.
Presentacións/exposicións Desenvolveranse no final no cuadrimestre. Nestas sesións o alumnado que o solicite poderá propor unha actividade de aprendizaxe no tempo establecido previamente polo profesor e a clase. As actividades estarán deseñadas polo propio alumnado. Se o número de solicitudes supera o tempo dispoñíbel, o profesor seleccionará as propostas que mellor de adecúen aos obxectivos e contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Nos grupos B, o alumnado realizará unha serie de actividades de aprendizaxe coas que o profesor mostrará metodoloxías e estratexias de ensino en lingua estranxeira.
Debates Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais, aínda que tamén se poderán programar encontros dixitais con algunha persoa experta. As horas de debate tamén se poderán usar para negociar datas, horarios, criterios e metodoloxía do sistema de avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000