Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Avaliación continua a través da elaboración e exposición de traballos individuais e/ou de equipo cooperativo. 10 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Traballos de aula Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición
de competencias e coñecementos mostrados a través dos traballos de aula e do diario do alumnado
30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Proxectos Avaliación continua a través do seguimento do alumnado no deseño dun proxecto relacionado coas ciencias para alumnado de E. Primaria 30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Prácticas de laboratorio Avaliación continua a través do seguimento da realización de actividades prácticas e do caderno de laboratorio do alumnado 30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadoresO uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • O libro titulado Didáctica de las ciencias en la educación secundaria será de uso obrigatorio.

Condicións de avaliación:

  • Cada alumna e cada alumno
    confeccionará un cartafol/diario e/ou caderno de laboratorio nos que
    haberá parte grupal e parte individual, subirao á sección particular
    específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, o traballo
    consistirá na recolleita do seguimento das sesións lectivas, coas
    notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e
    autoavaliación das sesións correspondentes. A realización
    completa e a entrega deste diario/cartafol/caderno de laboratorio será
    condición necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade
    presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos
    traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os
    prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal
    respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código
    aberto ou de visores libres.
  • Para poder acollerse á
    avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso
    asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Para obter unha avaliación
    positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos
    traballos e probas de avaliación e observar un
    comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como
    condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan
    axeitadas.
  • A cualificación final será
    obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións
    singulares
  • O alumnado que non asistíu a
    clase
    , para
    obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas
    escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de
    laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web
    da facultade no apartado de organización académica
    http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0 . Cómpre obter a
    cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas
    de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final
    será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das
    cualificacións singulares.


Criterios de avaliación da 2ª
convocatoria:


  • Para obter unha avaliación
    positiva o alumnado que asistíu regularmente a clase, coa
    porcentaxe de asistencia indicada anteriormente, poderá optar por
    presentar as tarefas e traballos pendentes indicados para a 1ª
    convocatoria ou pola realización de exame (dúas probas escritas
    presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aula e no laboratorio,
    respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade
    no apartado de organización académica
    http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0 . Cómpre obter a
    cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas
    de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final
    será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das
    cualificacións singulares. 

  • O alumnado que non asistíu a
    clase
    , para
    obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas
    escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de
    laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web
    da facultade no apartado de organización académica
    http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0 . Cómpre obter a
    cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas
    de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final
    será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións
    singulares.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000