Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Expresión e linguaxe musical
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Actividades de carácter práctico a desenvolver na aula. Entre outras, pódense incluír actividades como: execución individual ou en grupo de pequenas pezas (rítmicas, vocais e/ou instrumentais), prácticas na aula de informática,.... 30 B8
B11
C53
C55
D1
D2
D5
D7
D9
D12
D13
D16
D18
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Deseño e implementación, individual ou en grupo, de actividades prácticas para educación primaria. 30 B2
B4
B8
C53
C54
C55
C56
D1
D2
D7
D8
D9
D12
D13
D14
D16
D18
Probas de resposta curta Preguntas de resposta curta, e de carácter práctico, onde o alumnado deberá demostrar que adquiriu unha serie de contidos básicos sobre a linguaxe musical. 40 B8
C54
C56
D1
D7
D8
D14
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE
AVALIACIÓN:



Para superar
a materia, tanto na modalidade presencial como na non presencial,  será preciso que os estudantes obteñan en
todas e cada unha das partes avaliables, polo menos un 50% da súa cualificación total.



A nota final
virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo
preciso superar cada unha delas illadamente.

Aplicaranse
dous sistemas de avaliación diferenciados para o alumnado Asistente e o Non
Asistente.

O alumnado
que por diversos motivos non poida participar no desenvolvemento da materia en
calidade de Asistente deberá poñerse en contacto co profesorado nos primeiros
días de inicio da materia para informar desta situación e poder ser
convenientemente avaliado.

Do mesmo
modo, todo aquel alumnado que, sen notificar esta situación, asista a menos do 80% das sesións prácticas será considerado para todos os efectos como
Non Asistente.

O alumnado
deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun prazo máximo de tres
semanas facendo constar expresamente a modalidade pola que opta.



   * Modalidade presencial: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos
distintos apartados especificados no cadro superior, sendo preciso ter
superados cada un deles illadamente.



 * Modalidade
non presencial: Os
alumnos/as non asistentes, realizarán un exame
práctico relacionado cos resultados de aprendizaxe da materia. A avaliación e a superación da mesma virá determinada do seguinte xeito:

  • Traballos e proxectos (individuais): 30%
  • Exame práctico, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. 30%
  • Proba teórica de resposta curta: 40%
Do mesmo xeito que na modalidade Presencial, a nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada unha das partes, sendo preciso superar cada unha delas illadamente, obtendo polo menos un 50% da súa cualificación total.


SEGUNDA CONVOCATORIA:



De non ter
superada a materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas na
convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada (exclusivamente para o presente curso académico), tanto na modalidade presencial como na non presencial.

Toda a
información necesaria para superar a materia se encontra na plataforma TEMA a
disposición dos alumnos/as.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000